Home Pontevedra Ponte Caldelas Díaz provoca o caos nos adestramentos da SCD Pontecaldelas a causa dos...

Díaz provoca o caos nos adestramentos da SCD Pontecaldelas a causa dos reiterados apagóns das luces do campo de fútbol tras cambiar a compañía eléctrica local por unha multinacional

- Anuncio -

· O PPdeG pediralle explicacións por eses transtornos ocasionados ás categorías base do equipo local e polos continuos apagóns en varias zonas do municipio.

· O alcalde decidiu deixar ás compañías locais de telefonía e subministro eléctrico que crean postos de traballo no municipio para apostar por empresas multinacionais con sede fóra da comunidade autónoma.

O PPdeG de Ponte Caldelas demandará do alcalde Andrés Díaz no vindeiro Pleno que resolva dunha vez os apagóns que se están producindo de xeito continuo e reiterado desde hai 3 semanas no campo de fútbol do Chan da Barcia e que están a provocar un caos organizativo nos adestramentos da SCD Pontecaldelas e a súa escola deportiva.

Esta circunstancia púxose de manifesto desde o momento en que volveron ao adestramento as distintas categorías base da SCD Pontecaldelas que vén como cando fan uso das luminarias estas aguantan moi pouco tempo acesas provocándose un apagón continuo que impide que, de noite e con pouca visibilidade, poidan adestrar os deportistas.

ENORMES DÉBEDAS COA EMPRESAS ELÉCTRICA LOCAL

Estes apagóns prodúcense a raíz de que o alcalde decidira prescindir dos servizos da empresa subministradora eléctrica local, que crea postos de traballo no municipio estables e desde hai moitos anos e apostara por contratar o servizo cunha empresa multinacional. “Resulta curioso que tomara esa decisión cando acumulaba gran cantidade de facturas pendentes de pago á eléctrica local e tamén resulta casual que cando non había problema algún nin no campo nin na rede de alumeado público, agora que o alcalde decidiu pasarse a unha compañía multinacional que nada ten aquí en Ponte Caldelas é cando aparecen os problemas de subministro eléctrico no campo de fútbol e en varios tramos de farolas de xeito reiterado e aleatorio”, indicaron os concelleiros do PPdeG.

Segundo manifestou o voceiro do PPdeG, Antón Xil, “demandaremos no vindeiro Pleno unha solución urxente xa que comezou a Liga, vai cambiar o horario dos partidos e vai ser obrigatorio non so contar cos focos do campo para os adestramentos senón que tamén para os partidos oficiais do primeiro equipo e iso ten que estar arranxado xa. Levan agardando 3 semanas por unha solución do alcalde que non dá chegado”.

RENOVACIÓN DOS FOCOS DO CAMPO A TECNOLOXÍA LED

Antón Xil reprochou ao alcalde que a estas alturas non solicitara axudas para cambiar a tecnoloxía obsoleta non so dos focos do campo de fútbol senón tamén das luminarias do alumeado público para que se poidan adaptar aos estándares de baixo consumo e á tecnoloxía LED. “Estanno facendo todos os concellos e mesmo hai axudas da Deputación, da Xunta e do Goberno Central, pero o alcalde está máis entretido en apostar por políticas egocéntricas e de promoción persoal que en resolver cuestións do día a día que afectan aos veciños. Ademais, agora coa suba eléctrica xeralizada (aínda que nos orzamentos municipais o alcalde prevé 20.000 euros menos no gasto por este concepto, algo improbable) faise necesario buscar alternativas de baixo consumo para promocionar o aforro enerxético e tamén económico para as arcas municipais”, sinalou Xil, que volverá levar este tema ao vindeiro Pleno deste mes.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas