Home Pontevedra Ponte Caldelas Díaz reubica na vila os contedores que están en mellor estado e...

Díaz reubica na vila os contedores que están en mellor estado e deixa no rural os que están destrozados sen obrigar á nova concesionaria a que os cambie de inmediato como figura no contrato

- Anuncio -

· Dalle un lavado de cara e colócalle unha pegatina mentras anuncia que tardarán polo menos 3 meses en colocar os novos contedores aos que está obrigado polo contrato.

· Diseminados polo rural hai contedores sen rodas, rotos, destrozados, parcheados con arames e desprendendo un cheiro insufrible polos veciños e veciñas das zonas rurais.

O PPdeG de Ponte Caldelas demandará do alcalde Andrés Díaz no vindeiro Pleno que faga cumprir de inmediato o contrato á nova concesionaria do Servizo de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos e que poña de forma inmediata os contedores que ofreceu na súa oferta para lograr a concesión da recollida do lixo no concello.

Ante este incumprimento, o alcalde decidiu aplicar unha operación cosmética ao servizo e concentrou os contedores que están en mellor estado no centro da vila e nos lugares máis vistosos e deixou no rural contedores destrozados, sen rodas, con parches de aramio e cun cheiro insufrible para veciños e veciñas.

“Aqueles que aínda se manteñen en pé despois de ter esgotada a súa vida útil e co contrato caducado e sen sacar a concurso desde hai 5 anos, son sometidos a un lavado express e se lles coloca unha pegatina para disimular o seu mal estado, mentras que no rural permanecen destrozados e sin rodas un gran número deles sin que sexan substituídos polos novos que ofreceu no proceso de contratación a nova empresa concesionaria do servizo”, indicaron os edís do PPdeG.

Mentras esto sucede o alcalde para mitigar as continuas queixas veciñais polo mal funcionamento do servizo de recollida de lixo xa se apresurou a anunciar no seu facebook que se substituirían os contedores nos vindeiros 3 meses cando a nova concesionaria tiña que entrar a traballar aportando xa os novos contedores que substitúan aos que viñan prestando o seu servizo e que xa teñen esgotada a súa vida útil desde hai 5 anos que caducou o contrato anterior e que o alcalde prorrogou continuamente sen exercer ningún control e facendo deixación de funcións para obrigar á empresa a que fixera ben o seu traballo.

O PUNTO LIMPO SEGUE PECHADO

Por outra banda, o alcalde anunciara que a nova empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo íase encargar da xestión do Punto Limpo e que, a diferencia de ata o de agora, abriría todos os días da semana agás do domingo ofrecendo un amplo e cómodo horario. “Esta é outra promesa incumprida máis porque desde que se fixo cargo a nova empresa o Punto Limpo segue pechado e sen a atención horaria comprometida o que é un novo incumprimento o que nos leva a pensar que con este alcalde as empresas que contratan con Concello fan o que lles dá a gaña sen que ninguén defenda os intereses nin os dereitos dos veciños e veciñas, como é obriga dun bo xestor público”, sinalaron os concelleiros do PPdeG.

Finalmente, o PPdeG esixiralle ao alcalde no vindeiro Pleno que cumpra as súas obrigas como gobernante e faga cumprir ás empresas todas e cada unha das cláusulas dos contratos que subscriben co Concello como garantía de que se está a facer o labor para o que foi elixido e se defenden os intereses dos cidadáns, que para iso pagan os seus impostos e soldos tan elevados ao grupo de concelleiros e asesores tan numeroso o que dispón o equipo de goberno.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas