HomeO SalnésMeañoDiego Rosal Chaves, proclamado novo voceiro do BNG de Meaño e candidato...

Diego Rosal Chaves, proclamado novo voceiro do BNG de Meaño e candidato ás vindeiras eleccións municipais de Maio de 2023

- Anuncio -spot_img

Culmínase así un longo proceso de renovación no seo do BNG meañés, após da proposta e ratificación por parte do consello local, e a votación favorable por unanimidade, coa presenza da totalidade da agrupación con dereito a voto, en Asemblea Local celebrada o luns 23 de maio.

Diego Rosal toma o relevo de Rosa Castro na cúpula do BNG de Meaño, a cal, por problemas persoais, resúltalle imposíbel continuar no seu cargo, ao que chegou nos momentos máis duros do BNG meañés, comprometéndose a seguir traballando arreo, cóbado a cóbado con novo voceiro e co resto da organización. Baixo a súa dirección, conseguiuse manter a organización, aumentar a militancia, atraer xuventude, renovar o Consello Local e obter maior presenza no Consello Comarcal do BNG, coa incorporación de tres novos membros.

Pese a non ter representación no pleno municipal, o BNG nesta lexislatura posicionouse como segunda forza política en Meaño nas pasadas eleccións autonómicas, logo de ser o único partido en explicar o seu programa á veciñanza.

Foi quen de defender de xeito firme a sanidade pública, de demandar as melloras para as nosas escolas, de facer campañas de información e recollida de sinaturas que afectan á vida diaria da nosa veciñanza: estafa da AP-9, subidas de prezo da enerxía, perda de poder adquisitivo das clases traballadoras, defenda do comercio local, entre outras.

Diego Rosal, coñecido e querido de abondo polos veciños e veciñas de Meaño, representa como ninguén o ideario do BNG. A xuventude, ilusión e incansábel capacidade de traballo tan necesarias nos tempos que vivimos.

Militante de base, comprometido coa cultura e a música, Diego é mestre, directivo e membro da Banda Unión Musical de Meaño e membro-fundador da Asociación Cultural Árgoma. Comprometido co pobo meañés e coa defensa dos seus intereses, por iso deu o paso, e ninguén como a familia do BNG sabe agradecelo.

Dos veciños e veciñas depende que acade representación no Concello.

Meaño gaña un candidato

O BNG un gran amigo

Publicacións Relacionadas