HomeO SalnésA Illa de ArousaDoen leva o venres ao auditorio o seu rock/metal alternativo con temas...

Doen leva o venres ao auditorio o seu rock/metal alternativo con temas que expresan emocións desde a innovación

- Anuncio -spot_img

O concerto, totalmente gratuito, terá unha vertente solidaria coa colocación de huchas que recadarán fondos para a paciente cambadadesa enferma de AME, Merchi Álvarez

O grupo arousán Doen subirase este venres ao escenario do Auditorio Municipal de A Illa para presentar o seu segundo disco “Saúdades” nun concerto totalmente gratuito para o que xa se distribúen as invitacións na biblioteca municipal. Terá tamén unha vertiente solidaria xa que o público deste grupo de rock/metal alternativo terá ocasión de colaborar, a través das huchas que se instalarán na entrada, nunha recadación que irá destinada a beneficio da cambadesa enferma de atrofia muscular espinal (AME), Merchi Álvarez.

Doen, grupo local de rock/metal alternativo, presentará a partir das 20.20 horas deste venres os temas deste segundo disco co que volven romper cos estándares das bandas galegas. Unha proposta diferente, con temas máis longos, partes instrumentais, poesía, dureza e poucas estruturas tradicionais definen o traballo dun grupo cunha formación sólida tras varios cambios na súa composición.

Isi Baúlo (batería), Borja Torrado (baixo, sintes e bases), Víctor García “Karallada” (guitarra), Matías Leiro (voz principal e guitarra) e, como última incorporación tras a partida de Artur, David Falcón (Teclados e guitarra) son os nomes propios dunha banda que reivindica un espazo de seu no panorama musical galego. Contan tamén coa colaboración de Xoán Tourís no seu equipo, que se encargará de facer visuais e vídeo-proxección nos directos.

O proxecto, como eles mesmos aseguran, nace grazas a Víctor “Karallada” e Manuel Seixas, que a pesar de non formar xa parte do proxecto apuntan que sempre será “o sexto membro da banda”. Naquel primeiro momento, xunto con Nico Leal e Borja Torrado, fixeron os 4 temas que incluirían na súa primeira maqueta alá polo 2015.

Xa naqueles pasos iniciais Doen intentaba facer algo novo e fresco, rompendo os moldes da música galega. Con alguna baixa e nova incorporación nos integrantes do grupo ve a luz o primeiro disco que presentaron en varias salas e festivais en Galicia para, acto seguido, centrarse no seu segundo traballo.

“Saudades” (2022) é un disco cheo de felicidade, tristeza, ira e moita esperanza porque Doen e a súa música son sobre todo “sentimentos” expresados dun xeito innovador.

Publicacións Relacionadas