• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, repasou a “enésima mentira do BNG para enmascarar o seu esgotamento e a falta de ideas”: “Estamos cansados de que se falte á verdade. Aínda non teñen nin o contrato asinado”
• “Reitero a nosa petición compartida con todos os comerciantes e hostaleiros: adianten a iluminación #do Nadal. Non podemos nin queremos ter o nadal máis triste e escuras da nosa contorna”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, insistiu este mércores no adianto do aceso das luces de Nadal, “unha petición cun respaldo social abafador”. O portavoz pediu ao alcalde “unha mostra de empatía” co comercio local e a hostalería, “nun momento de profunda crise para eles”.
“O alcalde cometeu un erro por cansazo e falta de iniciativa. É o que sucede despois de ser 24 anos de alcalde e outro 12 concelleiro. O que pasou, e o BNG sábeo, é que non se pode licitar unha iluminación dunha cidade como Pontevedra o 8 de novembro”, explicou o popular. “A falta de seriedade e traballo dos últimos anos de Lores, non a crise ambiental, levounos a esta situación. Hoxe soubemos que o contrato das luces aínda non está nin asinado”.
“Fraco favor faise á loita ambiental e á crise enerxética se se utilizan como desculpa #ante a incapacidade dun alcalde que demostrou unha vez máis que está esgotado e que, desde logo, non está atento ao que o que os pontevedreses lle pedimos. A loita ambiental merécese un respecto, non se merece ser a desculpa #ante o fracaso que tivo o alcalde unha vez máis”, argumentou Domínguez. “Lamentamos a falta de sensibilidade do alcalde con tanta e tanta xente”, sostivo Domínguez.
O popular dixo que se trata da “enésima mentira do BNG para enmascarar o seu esgotamento e a falta de ideas”: “Mentiron co peche de Raíña Vitoria, coa licenza de primeira ocupación da casa do alcalde e, agora, #ante un erro, volve recorrer á mentira”.
“Se queren facer xestos nese sentido, que os anuncien con tempo e, sobre todo, que non prexudiquen aos pontevedreses. Reitero a invitación ao alcalde a que se adiante a iluminación #do Nadal, porque non podemos ter en Pontevedra o nadal máis triste e escuras de todo a nosa contorna”, rematou.



