• “O alcalde ten que decidir se defende a Pontevedra ou se se pliega aos intereses do seu partido. Ten que alzar a voz, chamar a Ana Pontón, ou será cómplice do boicot do BNG á dragaxe do Lérez”, asegura o presidente dos populares na cidade
• O PP de Pontevedra rexistra unha moción para esixir o respaldo unánime de toda a corporación á dragaxe e a aceptación do informe técnico do CEDEX, que establece o punto E8 en Sálvora como “alternativa prioritaria, como base para avanzar
O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, denunciou publicamente a actitude do Bloque Nacionalista Galego, encabezado polo seu deputado no Congreso, Néstor Rego, ao que acusa de “boicotear” unha obra fundamental para o futuro da ría de Pontevedra como é a dragaxe do Lérez.
“O BNG está de campaña, na ría de Arousa e en Madrid, utilizando a dragaxe do Lérez como arma política, aínda que iso supoña bloquear unha actuación tan necesaria e demandada na cidade de Pontevedra”, advertiu Domínguez, en referencia ás convocatorias públicas do deputado nacionalista en contra do punto de vertedura no exterior da illa de Sálvora.
El líder do PP de Pontevedra lembrou que foi o Goberno central, en abril de 2021, o culpable de paralizar o depósito de áridos nese mesmo punto, á espera dun estudo de alternativas que entregou á Xunta de Galicia en 2025. De feito, nas últimas semanas, o CEDEX, dependente do Ministerio de Transportes e do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ha resolvido que o punto E8 é a “alternativa prioritaria”. Por tanto, demostrouse que o Goberno galego tiña razón e perdéronse catro anos pola decisión unilateral do Goberno central.
A día de hoxe, a Xunta atópase á espera de que o Ministerio autorice o lugar definitivo de depósito dos áridos para iniciar a tramitación ambiental e a posterior licitación das obras da dragaxe do Lérez.
“O único obstáculo que queda é a falta de autorización por parte do Goberno de Sánchez, pero a presión política que está a exercer o BNG para frear o proxecto está a ser prexudicial para Pontevedra”, engadiu o presidente dos populares na cidade, antes de esixirlle ao alcalde que adopte un posicionamento.
“Lores ten que decidir se defende a Pontevedra ou se se pliega aos intereses do nacionalista Néstor Rego. Ten que alzar a voz, chamar a Ana Pontón, ou será cómplice do boicot do BNG á dragaxe do Lérez”, afirmou.
O PP local rexistrará unha moción no próximo pleno para esixir o respaldo unánime de toda a corporación municipal á dragaxe do Lérez e a aceptación do informe técnico do CEDEX como base para avanzar. “Nós non imos poñer paus na roda nin dubidar da opinión dos expertos, como fai o BNG sempre que lle interesa politicamente. O Bloque do non á AP-9, non a Inditex, non a reabrir Raíña Victoria, non a Ence, está a ser o Bloque do non á dragaxe do Lérez”, concluíu.