HomePontevedraDomínguez asina ante o seu notario o seu compromiso de reabrir Reina...

Domínguez asina ante o seu notario o seu compromiso de reabrir Reina Vitoria: “Será o primeiro que faga sendo alcalde”

- Anuncio -spot_img

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, fixo pública a que será a súa primeira medida se alcanza a alcaldía: “A miña primeira firma como alcalde será a do bando de reapertura desta vía fundamental para os pontevedreses”

“Desde o Goberno local recorreuse numerosas veces á mentira para xustificar algo que xa sabemos todos os pontevedreses: que este foi un peche caprichoso, sen fundamento e que carece de calquera tipo de lóxica”

Domínguez engadiu que a medida virá acompañada dunha batería de propostas para mellorar a circulación, o tráfico e as zonas de aparcamento

“A reapertura da rúa Reina Vitoria será o primeiro que faga cando sexa alcalde”. É o compromiso que este venres fixo o presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e que realizou #ante notario. “Fágoo #ante notario, para que dea fe deste contrato que asino hoxe cos pontevedreses. Se me dan a súa confianza, teñen a miña palabra de que volverei abrir unha arteria fundamental da nosa cidade”, mantivo o popular #ante os medios.

Domínguez relatou #ante os presentes varias consideracións: “A rúa pechouse en base a unha mentira de Lores e do Bloque, dicindo que o facían para protexer aos nenos. Mesmo me dixeron que quería que os nenos se infectasen. Pero as mentiras teñen as patas moi curtas. Este peche non obedece ao modelo de cidade e non busca gañar espazo para o peón, proba diso é que a rúa está deserta e pouco ten que ver á peonalización doutras zonas da cidade”.

“Unha ampla maioría de pontevedreses está a ver chegar a hora do cambio e a falta de substituto para Lores vai obrigarlle a presentarse unha vez máis, a pesar de estar esgotado e canso”, dixo o popular. “Pídolle por tanto ao alcalde que non gaste o diñeiro en realizar ningún tipo de obra aquí, nin un skatepark, nin nada. Comprométome a reverter esta situación e a miña primeira medida cando sexa alcalde será reabrir Reina Vitoria”, explicou.

Por último, Domínguez defendeu que existe “unha alternativa en Pontevedra, que está pegada á rúa, que identifica os problemas reais da xente”: “Cada vez son máis os pontevedreses que nos ven como a única alternativa”. “Somos un partido de xente nova e preparada, con proxecto, con ilusión con ganas e con coñecemento, e sobre todo coas ideas claras do que necesita Pontevedra”, rematou o popular.

Publicacións Relacionadas