• “No canto de dotar a Pontevedra dun transporte público, como o resto de cidades galegas, prefiren gastar o diñeiro nun servizo que fracasou con menos viaxes diarias (6,25) que o número de parroquias (15) que ten a cidade”, lamenta
• O líder dos populares insiste en que o transporte a demanda é “un exemplo máis da lentitude, mala planificación e malgasto de diñeiro público nun modelo que non responde as dificultades que existen en Pontevedra para desprazarse en transporte público”
O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, mostrou a súa satisfacción despois de que o goberno local do BNG admitise que se expón modificar o servizo do ‘Coche de Punto’. Este recoñecemento público ha chegado despois dos múltiples avisos do PP, nos últimos meses, alertando do seu escaso uso e mal funcionamento para conectar o centro urbano coas 15 parroquias do rural.
“Despois dunha década de desenvolvemento e máis de 342.000€ investidos nunha aplicación informática que apenas utiliza ninguén, o resultado non pode cualificarse doutra forma que un fracaso estrepitoso”, sinalou Domínguez.
“Ademais, dos 200.000€ reservados no orzamento municipal de 2025, só van executar o 9% porque o uso do ‘Coche de Punto’ está moi por baixo dos seus prognósticos iniciais. É un exemplo claro da lentitude, mala planificación e de malgasto de diñeiro público nun servizo que non responde as dificultades que existen para moverse en transporte público en Pontevedra”, engadiu.
O líder do PP de Pontevedra valorou positivamente que o propio Concello de Pontevedra recoñeza internamente a necesidade de revisar o modelo, aínda que non é optimista coas modificacións nas que está a pensar goberno de Lores: “Se hai 15 parroquias e o servizo apenas rexistra unha media de 6,25 viaxes ao día – desde o 17 de febreiro ata o 30 de xuño – sen posibilidade de reservas despois das 14:00 horas, nin en fins de semana nin en festivos, é evidente que o sistema non funciona e que o BNG empeza a darse conta do fracaso”.
Domínguez volveu a botar man do seu programa electoral de 2023 para insistir na necesidade de dotar a Pontevedra dun transporte público, que conecte as 15 parroquias do rural co centro urbano e os puntos estratéxicos do municipio, como o resto de cidades galegas.
“O problema é que prefiren gastar o diñeiro de todos os pontevedreses nun servizo que xera menos viaxes diarias que parroquias ten Pontevedra. O positivo é que recoñezan por primeira vez o erro despois de 10 anos, o negativo é que probablemente se volverán a equivocar en lugar de apostar por un modelo de transporte urbano que conecte o rural co centro de forma efectiva”, sentenciou.



