• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, mantivo un encontro coa patroa da Confraría de Pescadores San Andrés de Lourizán, Carmen Vázquez, coa que coñeceu o traballo que desenvolven as máis de 400 mariscadoras vinculadas a este ente
• Para Domínguez é prioritario que Pontevedra “deixe de estar de costas á ría”, polo que urxe a dragaxe deste espazo. Ademais, cre importante conseguir bandeiras azuis para as tres praias do municipio
• O popular xa adianta parte do proxecto da formación local para a ría: “Pontevedra debe abrirse á ría. Debemos fortalecer a nosa relación cun dos espazos con maior potencial que temos na cidade”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, creará unha Concellería de Mar e Medio Ambiente centrada en potenciar o vínculo entre a cidade e a ría. Trátase dun dos principais puntos dun gran proxecto en que os populares xa traballan e que estará centrado en que a cidade “fortaleza a relación que ten coa ría, un dos espazos con maior potencial que temos”.
Esta proposta foi compartida coa patroa maior da Confraría de Pescadores de San Andrés de Lourizán, María del Carmen Vázquez. Domínguez visitou esta asociación para coñecer o traballo que desenvolven as máis de 400 mariscadoras vinculadas a este ente, que no seu 80% son mulleres.
Por iso, o popular cre necesario que exista unha persoa coordine a relación entre a ría e os colectivos relacionados con ela e a cidade.
Para Domínguez é prioritario que Pontevedra “deixe de estar de costas á ría”, polo que urxe a dragaxe deste espazo. “Non é aceptable o estado no que se atopa este espazo e cremos que é urxente a dragaxe”, explicou. Ademais, cre importante conseguir bandeiras azuis para as tres praias do municipio, “mellorando as características que teñen”. O destape do Gafos e a mellora da contorna da praia de Pontesampaio son outras das demandas que recolle o popular.
“É fundamental que Pontevedra se abra á ría”, resumiu Domínguez. A mellora desta contorna é o eixo de partida dun gran proxecto que o popular presentará en próximas datas, “un ambicioso plan centrado en potenciar o vínculo entre a cidade e a ría”,



