HomePontevedraDomínguez critica a paralización de proxectos pola falta de acordo entre o...

Domínguez critica a paralización de proxectos pola falta de acordo entre o BNG e o PSOE para aprobar o Orzamento: “É un despropósito”

- Anuncio -spot_img

• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo edil Juanma Muñoz, explicou que se paraliza a contratación de novas obras e proxectos municipais

• Esta situación penalizaría a recepción de fondos europeos e complicaría o acceso aos Next Generation, así como dificultaría o levar a cabo melloras en áreas tan sensibles como os servizos sociais municipais

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo concelleiro Juanma Muñoz, analizou as consecuencias de que a principios de marzo o BNG e o PSOE non aprobasen o Orzamento municipal. Para o presidente dos populares, a consecuencia máis directa, “é que se paraliza a contratación de novas obras por parte do Concello”. Por tanto, o Concello, agora mesmo, “calquera anuncio dun novo proxecto é fume”.

Ademais, a non aprobación das contas municipais penalizaría a recepción de fondos europeos, como os Next Generation. “Os gastos financiados deben estar comprometidos antes de finalizar 2023, o que implica adxudicar os contratos públicos antes desta data”, explicou o popular. Ao non chegar a un acordo orzamentario, os proxectos quedarán sen cobertura orzamentaria, o que poñerá en risco os fondos de dúas maneiras: ao cuestionarse que conten con madurez suficiente e ao comprometerse a posibilidade de adxudicar o contrato e completarse a súa execución.

Ademais, Domínguez engadiu que non poderán levar a cabo melloras en áreas tan sensibles como os servizos sociais.
Por iso, o popular definiu a situación como un “verdadeiro despropósito”. Nesta liña, Domínguez engadiu os que para el tamén supoñen un fracaso na xestión municipal: “A nova licitación do contrato de lixos, a non renovación do contrato eléctrico, o atraso no pago das subvencións aos clubs deportivos e co campo de fútbol do Salcedo, a falta de solucións coa piscina de Pontemuiños, o atraso crónico na atención en servizos sociais, o estado do Mercado de Abastos, as rifas internas por onde colocar a Feira Ambulante, o peche de Raíña Vitoria ou o atraso das luces de Nadal”.

Para Domínguez, esta situación, corrobora que no Concello “non hai ninguén ao volante”. “É unha pena o descontrol que reina nestes momentos reina no Concello de Pontevedra”, rematou.

Publicacións Relacionadas