HomePontevedraDomínguez critica o peche indefinido do CITA e urxe ao BNG mellorar...

Domínguez critica o peche indefinido do CITA e urxe ao BNG mellorar o mantemento de todas as instalacións municipais

- Anuncio -spot_img

• “O BNG pechou o único museo municipal da cidade o 28 de febreiro e non hai visos de que o volvan a abrir despois de sete meses”, engade

• O líder popular reclama un cambio en Pontevedra: “É necesario un goberno á altura dunha capital de provincia, que se preocupe polo mantemento das súas instalacións, impulse a cultura e traballe para mellorar a calidade de vida dos veciños, no canto dun alcalde que só aparece para facer política partidista”

O presidente e portavoz municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez, sumouse ás críticas da súa formación polo peche indefinido do Centro de Interpretación dás Torres Arcebispais (CITA) desde o 28 de febreiro.

“O BNG pechou o único museo municipal que tiña, desde a súa inauguración no ano 2010, e non hai visos de que o volvan a abrir sete meses despois” asegurou ao mesmo tempo que lamentou a “xestión errática” do goberno local de #Miguel Anxo Fernández Lores privando aos pontevedreses dun espazo destinado á cultura e a memoria da cidade.

Para Domínguez non se trata dun feito illado. Neste sentido, referiuse a outros proxectos errados como o Gastroespazo do Mercado de Abastos con case todos os postos baleiros, a planta de tratamentos de residuos da Canicouva que o Concello de Pontevedra leva 11 anos pagando polo alugueiro sen que exista sequera un proxecto, o pavillón inexistente do barrio da Parda ou a deterioración de progresivo das instalacións deportivas municipais pola falta de mantemento.

Mentres a Deputación de Pontevedra redobrou esforzos desde a chegada do PP tras as eleccións municipais de 2023, con Domínguez como vicepresidente, para potenciar o Museo provincial e recuperar a Bienal de arte contemporánea baixa o lema ‘Volver ser humanos. #Ante a dor dos demais’, o alcalde non foi capaz de manter aberto o único espazo museístico municipal.

“Pontevedra necesita urxentemente un goberno á altura dunha capital de provincia, que se preocupe polo mantemento de todas as instalacións municipais, impulse a cultura e traballe para mellorar a calidade de vida dos veciños, en lugar dun alcalde que só aparece para facer política partidista”, concluíu o líder do PP.

Publicacións Relacionadas