• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, denunciou que ao peche do ano “o BNG e PSOE non conseguisen aprobar un orzamento”: “A situación non beneficia a ninguén”
• “A estas alturas, deberían estar presentadas e explicadas as contas municipais. O que vemos, como coa iluminación de Nadal, é que se fan as cousas tarde e mal, o que prexudica á nosa cidade”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, lamentou que o Goberno bipartido non presentase xa os orzamentos para o 2023. Para o popular incidiu en que, “a estas alturas do ano”, as contas municipais deberían estar xa presentadas e explicadas.
“O que vemos, como coa iluminación de Nadal, é que se fan as cousas tarde e mal. O que o Goberno local parece ignorar é que este atraso choca frontalmente contra a estabilidade e solvencia que deberían ter as contas municipais: non se poden dispoñer de novas partidas e non se poden nin acometer nin pagar obras”, destacou o popular. “Unha vez máis, Pontevedra queda atrás”, resumiu.
“Esta situación en particular, á que habería que engadir outras tantas máis, prexudica gravemente á economía pontevedresa, xa de por se danada. Urximos un orzamento na maior brevidade posible e esiximos ao BNG e ao PSOE que se poñan a traballar polo ben de todos”, rematou Domínguez.



