HomePontevedraDomínguez cualifica como “pírricos” os Orzamentos Xerais para Pontevedra e critica que...

Domínguez cualifica como “pírricos” os Orzamentos Xerais para Pontevedra e critica que o Goberno trate de atribuírse o Gran Montecelo, unha obra da Xunta

- Anuncio -spot_img

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, explicou que o Gran Montecelo é unha iniciativa que planifica e executa a Xunta coas súas diferentes vías de financiamento, neste caso, co fondo de compensación interterritorial

“Non se abordan novos proxectos e mantéñense partidas para obras que se eternizaron. Ademais, redúcese a cantidade destinada a actuacións importantes, como o nó de bombeiros. A segunda parte do paseo a Marín nin figura”

“É unha pena que os socialistas de Pontevedra non pinten nada en Madrid e non sexan capaces de que o Goberno central aposte pola nosa cidade. Pero tamén é unha pena que o alcalde non esixa con maior contundencia investimentos”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, valorou como “pírricos” os Orzamento Xerais do Estado para a cidade do Lérez. O popular centra a súa crítica na total ausencia no documento de “novos proxectos mellorar a vida dos pontevedreses, mantendo só partidas que se repiten ano tras ano e que terminaron por eternizarse”.

Nesta liña, Domínguez fixo referencia a diferentes actuacións, como o nó de bombeiros, “cuxa #asignación se viu reducida”. Ademais, a segunda parte do paseo litoral a Marín “nin figura”.

Sobre o Gran Montecelo, o popular lembrou que se trata dunha iniciativa que planifica, executa e paga a Xunta coas súas diferentes fontes de financiamento, neste caso, co fondo de compensación interterritorial. “O Goberno galego remite a información sobre o destino destes fondos, pero poñelo nos PGE con nomes e apelidos coma se fose unha obra propia é unha falsidade”.

“É coma se a Xunta incorporase nos seus presupostos proxectos que o Concello de Pontevedra decida realizar co Fondo de Cooperación Local. O Goberno socialista está tan avergoñando das súas actuacións na cidade que tratou de apropiarse dunha obra que todo o mundo sabe que é da Xunta de Galicia”, aclarou o popular.

“É unha pena que os socialistas de Pontevedra non pinten nada en Madrid e non sexan capaces de que o Goberno central aposte pola nosa cidade. Pero tamén é unha pena que o alcalde non esixa con maior contundencia investimentos aquí. Lores xa non ten forza nin ánimo para esixir o que nos corresponde”, rematou o popular.

Publicacións Relacionadas