• O líder do PP alerta de que “non se trata dunha avaría sobrevinda, sen marxe de reacción senón dunha situación dabondo coñecida polo alcalde desde este verán”
• O popular tacha de “vergoñoso” que preto de 150 nenos e nenas véxanse privados dun servizo esencial como é o acceso a auga potable no seu centro educativo
O presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, esixiu ao goberno local do Bloque Nacionalista Galego que poña fin de maneira inmediata á falta de auga potable que sofren os nenos e nenas do CEIP Santo André de Xeve, desde o inicio do curso escolar 2025/2026.
Domínguez sinalou ao alcalde de Pontevedra, #Miguel Anxo Fernández Lores, e ao concelleiro de Educación, Demetrio Gómez, como os máximos responsables desta situación e reclamoulles que “deixen de buscar escusas e culpables externos para encubrir unha xestión nefasta das tarefas de mantemento e subministración de auga potable que depende directamente do Concello de Pontevedra”.
O líder do PP na cidade alertou de que “non se trata dunha avaría sobrevinda, sen marxe de reacción, senón dunha situación crítica e dabondo coñecida por parte do alcalde e da concellería de Educación desde este verán”. Por todo iso, considera “vergoñoso” que preto de 150 escolares véxanse privados dun servizo esencial como é o acceso a auga potable no seu centro educativo.
“Lores hai moito tempo que deixou de estar pendente das necesidades básicas dos cidadáns, sumado ao abandono de funcións dos seus concelleiros, é unha quimera que estean á altura de responder os problemas que padece a cidadanía e os pontevedreses están a pagalo con fartura”, concluíu.

