Home Pontevedra Domínguez esixe ao Goberno local que explique “ata o máis mínimo detalle”...

Domínguez esixe ao Goberno local que explique “ata o máis mínimo detalle” sobre a implantación do modelo Reina Vitoria en diferentes partes da cidade

- Anuncio -

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, centrou a súa comparecencia nos plans do BNG para o eixo Puente da Barca-Reina Vitoria-Eduardo Pondal: “O modelo Reina Vitoria non ten encaixe e é un erro”

“Que sexan claros con todos, Van suprimir un carril do Puente da Barca? Que pasará con Echegaray? Que parte de Eduardo Pondal van peonalizar? Van restrinxir o tráfico en Bos Aires? Van illar máis a Monteporreiro?”

Domínguez reunirase nos próximos días con múltiples asociacións e federacións de veciños para valorar conxuntamente a situación: “O BNG non pode gobernar ás costas dos pontevedreses”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, esixiu este venres ao Goberno local que explique á cidadanía “ata o máis mínimo detalle” sobre a súa intención de implantar o modelo Reina Vitoria en varias partes da cidade. A Axenda Urbana, un documento onde o Concello planea futuras actuacións, adianta a intención de peonalizar o eixo urbano desde o Puente da Barca ata Eduardo Pondal, ou parte de Monteporreiro e os seus accesos.

O modelo Reina Vitoria é para Domínguez “un enorme erro que non ten encaixe nesta cidade e que xa se demostrou ineficaz”. Por iso, #ante a formulación municipal de implantalo en diferentes zonas, o popular preguntou: “Van suprimir un carril do Puente da Barca? Que pasará con Echegaray? Que parte de Eduardo Pondal van peonalizar? Van restrinxir o tráfico en Bos Aires? Van illar máis a Monteporreiro?”. Por iso o portavoz pediu “transparencia e rigor” ao Concello, “xa que os pontevedreses teñen dereito a saber que van facer coa súa cidade”.

Máis en concreto, sobre o barrio de Monteporreiro, Domínguez cuestionou o plan municipal para este espazo. “Van volver a propoñer o mesmo plan de peonalización que os veciños rexeitaron ou van escoitar á cidadanía e poñer en marcha un plan urxente de mellora do barrio?”.

Domínguez puxo en contraposición o modelo urbano de Lores no 99, “no que as rúas se enchían de xente ao día seguinte da peonalización”, co modelo Reina Vitoria, “que expón pechar rúas ilógicamente”. Nos próximos días, Domínguez reunirase con múltiples asociacións e federacións de veciños, “para tomar o pulso á situación”.

Algunhas delas, como a federación Castelao ou a asociación de veciños Monteporreiro xa confirmaron esa reunión, e a asociación de veciños Eduardo Pondal aínda non respondeu. “Creo que é necesario, e creo que lóxico, que os pontevedreses saiban que se vai a facer coa súa cidade. O BNG non poden gobernar de costas aos pontevedreses”.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas