Home O Morrazo Marín Domínguez esixe que se termine o paseo peonil entre Pontevedra e Marín

Domínguez esixe que se termine o paseo peonil entre Pontevedra e Marín

- Anuncio -

• O pacto de investidura de Pedro Sánchez incluía desbloquear a segunda fase das obras, pero “o PSOE desdeñou o proxecto coa complicidade absoluta do BNG de Lores”

• O PP da capital endurece as súas críticas despois de meses de “silencio cómplice” entre os socialistas e nacionalistas

O presidente e portavoz municipal do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, endurece as súas críticas este domingo e volve esixir que se termine o paseo peonil entre a capital da provincia e Marín, despois de que o Goberno de España anunciase en abril que non realizaría o segundo tramo, entre Ence e Vos Praceres, porque infrinxiría a lexislación actual da Lei de Costas.

Un mes despois, o Ministerio de Transición Ecolóxica retractábase e informaba de que se estaban estudando dúas alternativas para continuar o paseo, abrindo a posibilidade de elevar e desprazar a autovía de Marín cara a Ence. Desde ese momento, non houbo ningunha novidade sobre a continuidade do proxecto.

“Desde o PP, esiximos que se poña en marcha o tramo final dunha vez. Unha segunda fase que o PSOE desdeñou coa complicidade absoluta do BNG e de #Miguel Anxo Fernández Lores”, afirmou Domínguez en referencia ao pacto de investidura de Pedro Sánchez co Bloque, en novembro de 2023, no que acordaran que, unha das condicións para apoiar ao socialista en Madrid, era desbloquear o remate do paseo a Marín.

Case un ano despois, “o BNG e o PSOE seguen tapándose as súas vergoñas porque son cómplices e socios de meter este proxecto, que o PP e a ministra Ana Pastor deixaran perfectamente perfilado, nun caixón, cando tería que estar xa terminado”.

O xefe da oposición pontevedresa manterá a súa batalla política para que os miles de pontevedreses, que pasean a diario pola avenida de Marín, poidan completar o percorrido que as administracións comprometeran desde hai máis de 20 anos.

Considera prioritario investir na fachada marítima da cidade do Lérez dentro do proceso de humanización da contorna, coa creación, por parte da Xunta de Galicia, dunha senda peonil e ciclista de 3,51 quilómetros entre Mollavao e Vos Praceres. A Deputación de Pontevedra tamén anunciará proximamente novidades.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vigo na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela” onde, ademais, asistiu...

Arredor de 140 persoas participaron na primeira edición do Campionato de cartas “Cidade de...

0
Os xogos estrela da competición foron: a brisca, na que se anotou o 37,41% dos inscritos e a brisca, que agrupou ao 30,21% A xogadora...

A Xunta iniciará esta vindeira semana traballos de limpeza e roza nas marxes da...

0
― Ademais, proseguirase con estas tarefas noutras 7 vías autonómicas, no seus percorridos polos municipios de Crecente, Moaña, Cangas, Teo, Narón, San Sadurniño, O...

Baiona premio Quality Coast Gold Award

0
Baiona recibe novamente o premio Qualtiy Coast Gold Award que recoñece o seu labor en prol da xestión sostible do municipio.Este recoñecemento, por parte...

A Deputación destina 525.000 euros para 51 clubs deportivos de Vigo e do sur...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 1.000 e 25.000 euros e permitirán subvencionar gastos federativos así como de competicións...

A Deputación destina 140.000 euros a 12 clubs deportivos da contorna de Pontevedra que...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 2.000 e 30.000 euros para subvencionar gastos federativos así como de competicións e...

Publicacións Relacionadas