Home Pontevedra Domínguez garante aos veciños de Bora a súa “colaboración total para saldar...

Domínguez garante aos veciños de Bora a súa “colaboración total para saldar a débeda que o Concello arrastra co saneamento”

- Anuncio -

• O presidente do PP de Pontevedra mantén un encontro con máis de 40 asistentes a unha reunión centrada na falta de saneamento, a deterioración dos servizos básicos e a ausencia total de investimentos municipais

• A alternativa de goberno intensificará en 2025 as reunións cos barrios e as parroquias para “manter o pulso cos cidadáns e seguir demostrando que a nosa prioridade son todos eles”

O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou aos veciños de Bora para desexarlles un feliz ano 2025 e garantirlles a súa “colaboración total para saldar a débeda que o Concello de Pontevedra arrastra, desde hai moito tempo, co saneamento da parroquia e a zona de Ou Quinteiro”.

O xefe da oposición continúa o seu periplo polo rural pontevedrés para dar voz a todos os veciños, independentemente da súa ideoloxía, e seguir visibilizando, cada semana, que as parroquias da cidade levan anos abandonadas polo alcalde e os concelleiros do BNG, co apoio dun PSOE cada vez máis dócil.

Acompañado polos concelleiros populares Martín Martínez e Beatriz Rey, Domínguez escoitou e compartiu as súas ideas políticas cos máis de 40 asistentes á reunión que lle pediron axuda para que o goberno local invista no benestar e a calidade de vida dos veciños de Bora que, “anos despois de pagar o enganche, aínda están sen saneamento”.

O líder do PP local ha esixido publicamente ao nacionalista #Miguel Anxo Fernández Lores que converta a chegada da rede de sumidoiros a Bora nunha das súas máximas prioridades para o 2025, despois de anos sen acordarse da parroquia, salvo en momentos puntuais cando chegan os comicios electorais.

A antítese política represéntaa o Partido Popular que, desde o inicio do mandato, envorcouse cos barrios e as parroquias, na súa condición do partido que representa a máis cidadáns e “#ante a manifesta falta de preocupación por un rural con peores servizos, a pesar de pagar os mesmos impostos, con contedores en malas condicións, falta de roza, cunetas sen limpar e mobiliario público roto ou deteriorado”, insistiu.

O dirixente popular avoga polo contacto directo coa xente para coñecer a situación de primeira man e tentar solucionar os problemas que o goberno local foi incapaz de resolver: “Este 2025 imos intensificar as reunións veciñais para preocuparnos polos nosos cidadáns e seguir demostrando que a prioridade para o PP de Pontevedra son todos eles”.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas