HomePontevedraDomínguez insiste en que o Goberno local “mantén o seu castigo a...

Domínguez insiste en que o Goberno local “mantén o seu castigo a Monte Porreiro sen investimentos para os veciños”: “Este non pode ser o prezo por non comulgar con Lores”

- Anuncio -spot_img

O presidente en funcións do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, volveu a esixir ao Concello a súa implicación con Monte Porreiro: “Non poden deixar de lado ao barrio polo simple feito de que rexeitasen un proxecto municipal”

“O Goberno municipal prosegue na súa teimosía de non investir un euro en Monte Porreiro polo simple de feito que os seus veciños rexeitasen un proxecto do Concello sen sentido. No canto de sentar cos veciños, Lores afoga ao barrio”

O presidente en funcións do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, volveu a insistir en que o Goberno local mantén “castigados ao veciños Monte Porreiro e segue sen contemplar investir un só euro en mellorar a vida no barrio”. O portavoz popular ha reclamado ao Concello que se “comprometa co barrio e valore de novo a proposta que presentamos coa creación dunha partida orzamentaria dun millón de euros destinada á humanización de Monte Porreiro”.

“Este non pode ser o prezo por non comulgar con Lores. O alcalde debe entender que non pode impoñer proxectos carentes de sentido e debe tolerar que os veciños critiquen e non acepten o proxecto. Este feito é o simple resultado dun Goberno local que segue encerrado no seu despacho e que non coñece o que a cidadanía demanda. A imposición non debería ter espazo nesta institución e os pontevedreses deben saber que no PP atopasen a única alternativa válida a este Goberno empeñado en non escoitar”, argumentou o popular.

Para Domínguez, a reacción do barrio sentou as bases para que outros espazos da cidade tamén reclamen “o que lles pertence”: “O que non podemos permitir é que durante 22 anos o Goberno abandonase Monte Porreiro e sorpréndase cando os veciños rexeiten un plan que non ten ningún sentido”.

“O Goberno municipal prosegue na súa teimosía de non investir un euro en Monte Porreiro polo simple de feito que os seus veciños rexeitasen un proxecto do Concello sen sentido. No canto de sentar cos veciños, Lores afoga ao barrio”, detallou o popular, quen urxiu ao Goberno local “a escoitar ao barrio e comezar a investir onde os veciños realmente demandan”.

Publicacións Relacionadas