Home Pontevedra Domínguez mira ao futuro da cidade convencido que “un pacto de perdedores”...

Domínguez mira ao futuro da cidade convencido que “un pacto de perdedores” non poñerá en marcha “as medidas do PP que a cidadanía elixiu por maioría”

- Anuncio -

• O gañador das recentes eleccións, pronunciouse sobre o futuro de Pontevedra e os retos que se aveciñan no próximos catro anos. “Non teño dúbidas de que o BNG e o PSOE pactarán, aínda que non se aguanten”

• Domínguez: “O noso compromiso con cada medida presentada segue vixente. Teño curiosidade por saber que pasará con Raíña Vitoria, con quen se baixará os pantalóns. Se o PSOE ou o BNG”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra e vencedor das eleccións municipais, Rafa Domínguez, compareceu este mércores para pronunciarse sobre o futuro de Pontevedra e os retos que se aveciñan no próximos catro anos. O popular defendeu que con “un sólido respaldo electoral, o Partido Popular posiciónase como a forza líder no municipio, mentres o BNG e o PSOE tentan agora selar un pacto de perdedores”.

Durante a pasada campaña, Rafa Domínguez presentou un ambicioso conxunto de propostas deseñadas para impulsar o desenvolvemento e o benestar en todos os recunchos da cidade. Un programa político “que elixiron por maioría os pontevedreses” e que, para o popular, non levará a cabo “ao haber un previsible pacto entre o BNG e o PSOE”.

“O respaldo masivo dos votantes nas urnas outórganos un mandato claro para levar a cabo estas propostas e traballar incansablemente polo progreso de Pontevedra. É lamentable ver como o BNG e o PSOE, derrotados nas eleccións, buscan unirse nun pacto de perdedores, en lugar de respectar a vontade dos cidadáns”, mantivo o popular.
Domínguez mostrouse crítico cos acordos que se poderán tomar nas conversacións entre o BNG e o PSOE: “No próximos catro anos poderemos ter un alcalde e un tenente de alcalde que non teñen nin boa relación nin ningunha afinidade”.

Domínguez fixo un percorrido polas propostas dos populares que non levarán a cabo de formalizarse o acordo entre as outras formacións. “O noso compromiso co rural, a mellora dos barrios, o fomento do deporte, a revisión da carga impositiva, a actualización do PXOM, a atención aos servizos sociais e a apertura de Pontevedra á ría, son só algunhas das iniciativas crave que incluímos no noso programa e sabemos que se o BNG e o PSOE gobernan non levarán a cabo”, defendeu.

En relación á cuestión da reapertura de Raíña Vitoria, Domínguez preguntouse: “Quen se baixará os pantalóns? O BNG ou o PSOE? É evidente que a cidade espera unha resposta clara e unha actuación decidida en favor dos intereses de Pontevedra. Vai seguir pechada en contra de todo o que dixo o PSOE? Vai reabrir en contra do BNG?”.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas