HomePontevedraDomínguez móstrase disposto a chegar a un acordo co PSOE que asegure...

Domínguez móstrase disposto a chegar a un acordo co PSOE que asegure a reapertura de Raíña Vitoria

- Anuncio -spot_img

• O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, nun xesto de diálogo e consenso, busca sumar esforzos para resolver “unha problemática que afecta a toda a cidade”: “Debe reabrirse xa”

• Neste sentido, Domínguez sinalou que a reapertura é unha demanda cidadá amplamente apoiada e unha necesidade imperante para mellorar a mobilidade e a fluidez do tráfico na cidade

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, manifestou a súa firme disposición a chegar a un acordo co PSOE para a reapertura inmediata da rúa Reina Vitoria. Nun xesto de diálogo e consenso, Domínguez busca sumar esforzos para resolver unha problemática que afecta a todos os pontevedreses e que ambos os partidos, nos seus respectivos programas electorais, prometían resolver.

Neste sentido, Domínguez sinalou que a reapertura de Raíña Vitoria é unha “demanda cidadá amplamente apoiada e unha necesidade imperante para mellorar a mobilidade e a fluidez do tráfico na cidade”. Recoñecendo que as diferenzas políticas non poden ser un obstáculo para o beneficio dos cidadáns, Rafa Domínguez manifestou a súa disposición para establecer conversacións co PSOE para alcanzar un acordo que permita a apertura inmediata desta vía.

En contraposición, o candidato popular ha criticado o posible “pacto de perdedores” entre o PSOE e o BNG, argumentando que esta alianza “non representa os intereses dos pontevedreses nin contribúe a un proxecto de futuro para a cidade”. “Este ‘pacto de perdedores’ só representa a continuidade dun modelo esgotado e sen ideas frescas para afrontar os retos que ten a nosa cidade. Pontevedra necesita un cambio real, unha visión renovada e un compromiso firme co futuro. Por iso, estamos dispostos a apoiar calquera circunstancia que supoña a reapertura inmediata do vial”, declarou Rafa Domínguez.

Publicacións Relacionadas