O presidente do Partido Popular ha rexistrado unha moción para o próximo Pleno na que recolle varias peticións: “As demandas dos veciños, algunhas históricas, han de ser escoitadas e levadas a cabo”
Domínguez inclúe no documento a creación dunha zona verde e a realización dun local social, para diferentes actividades, e que conte con baños públicos
“Finalmente, débese incrementar o número de prazas de aparcamento, pois as necesidades da zona, cun novo campo de fútbol, veranse considerablemente incrementadas”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou este xoves unha proposta que defenderá no próximo Pleno municipal cunha batería de propostas para a parroquia de Pontesampaio, xa postas en común coas asociacións de veciños. O popular recoñece que Pontesampaio “é sen dúbida, unha das máis bonitas e privilexiadas de Pontevedra”: “Con todo, a súa distancia á capital puido ser unha causa para que en moitas ocasións as súas demandas non sexan escoitadas”. Desde o Partido Popular, di Domínguez, “mantivemos múltiples reunións con diversas asociacións e queremos transmitir os problemas do seu día a día ao Pleno e poñer fin a anos de abandono”.
A primeira das achegas, “o Concello está en disposición de facer unha gran obra na contorna do colexio de Pontesampaio, tras tirar o antigo campo de fútbol. Lamentablemente derrubouse tamén o palco de música, que tanto esforzo custáralle facer aos veciños. Ademais, derrubáronse os baños”. #Ante estes feitos, Domínguez, en común cos veciños, propón a construción dun pavillón de deportes á beira do colexio: “Tería un primeiro uso como zona de recreo do colexio nos días de choiva; segundo, para dar as clases de educación física; e terceiro para a realización de actividades deportivas extraescolares. Ademais, podería servir para complementar a nave que ten o club de piragüismo situado na mesma zona, un deporte que nos últimos anos está a aumentar considerablemente na parroquia”.
“Ademais, propoñemos a realización dunha zona arborizada, que, complementada coa ampliación da praia mellorará a imaxe da zona. Nesta liña, faise necesario, e compartímolo cos veciños, a realización dun palco para as festas do pobo, cun local social para as distintas comisións e baños públicos, moi demandados na devandita zona”, defendeu Domínguez na moción.
Ante as anteriores peticións, Domínguez recoñece que será necesario incrementar o número de prazas de aparcamento “pois coa realización desta batería de propostas na zona, a demanda de espazos para vehículos verase considerablemente incrementada”.