• O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, buscará o consenso da corporación no pleno para incluír no rueiro ao empresario pontevedrés, cando hai un ano do seu falecemento
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, propoñerá no próximo Pleno municipal incluír no rueiro pontevedrés ao empresario Magín Froiz, fundador e dono de Supermercados Froiz, cando se cumpre un ano do seu falecemento.
Para o popular, a figura de Froiz foi transcendental para a cidade: “No ámbito empresarial, creando máis de 300 puntos de venda e empregando a máis de 6.000 persoas, pero tamén no deporte, cun equipo de ciclismo, que é a envexa de toda España, e, sobre todo, o labor social que sempre desempeñou Froiz”.
Este labor social, “desde a intimidade colaborando con todas as asociacións sociais da cidade”, para o popular foi fundamental. “Cremos e queremos que haxa un recoñecemento á figura dun dos máis recoñecidos empresarios que tivo esta cidade”, destacou o popular.
“Magín Froiz destacou sempre pola súa gran calidade humana, xenerosidade e sinxeleza. Fortes valores son os que demostrou, de maneira discreta, apoiando
diferentes entidades e causas de índole social”, explicou. Por tanto, “temos a unha persoa que reúne méritos empresariais, méritos deportivo e méritos no ámbito social”. É por iso que, di Domínguez, “que entendemos que desde o Concello débese dar o reconcomiendo que se merece, en forma de nome dunha rúa”.



