HomePontevedraDomínguez propón un plan integral para o barrio de Campolongo baseado na...

Domínguez propón un plan integral para o barrio de Campolongo baseado na mellora da luminosidade e da limpeza e a reapertura de Raíña Vitoria

- Anuncio -spot_img

• O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, tras meses de reunións con veciños e visitar a zona, defenderá unha moción na que recolle as principais demandas que os cidadáns lle han comunicado

• Ademais, Domínguez pide solucionar a falta de luz, o mantemento das zonas verdes, o incremento de presenza da Policía Local, a mellora nos servizos de recollida de lixos e a limpeza do barrio, entre outros

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, defenderá no próximo Pleno municipal un plan integral de mellora de Campolongo. Preséntao Domínguez tras varios meses de reunións con veciños e de “patear” a zona, que tiveron como resultado un documento recolle as principais demandas dos habitantes do barrio.

Unha das principais denuncias céntrase no abandono do barrio e a resultante sucidade. “Campolongo está moi sucio, é certo, e así nolo transmitiron os veciños que, aínda que a maior parte da cidade non se atopa nunhas condicións óptimas de limpeza, esta falta de limpeza é especialmente grave neste barrio, sendo cada vez máis evidente o seu abandono”, explicou o popular. Por iso, propón a mellora nos servizos de recollida de lixos e limpeza no barrio.

Outro dos puntos que máis preocupan aos veciños é a falta de luz. “O barrio presenta deficiencias lumínicas moi severas, e non me refiro unicamente a que a iluminación é claramente insuficiente. Zonas como o paseo cuberto do Gafos ou o parque que antecede á delegación da Xunta son zonas especialmente escuras e, que, en moitos casos, non dan unha sensación de seguridade á hora de pasear por elas”, exemplificou.

“É inaudito que o espazo polideportivo que hai encima do ximnasio, onde recentemente colocaron unhas canastras, non conte con iluminación, o que fai que, no inverno, ás 8 da tarde, os que queiran facer deporte nese espazo téñano que facer ás escuras”, relatou o popular.

En canto á luz, para o popular, danse varias situacións: “Ou é insuficiente ou se funden as luminarias dos farois e non se repoñen”. Mesmo, en moitas ocasións como son as árbores “que non se están podando” os que impiden unha correcta luminosidade.

Para Domínguez “calquera veciño de Campolongo viuse moi prexudicado polo peche de Raíña Vitoria á hora de saír ou entrar no seu domicilio”. Explicou o popular que a redución do tráfico que pretenden levar a cabo en Eduardo Pondal vai dificultar aínda máis a vida do céntrico barrio. “O peche parcial de Eduardo Pondal, conxuntamente co de Raíña Vitoria vai prexudicar gravemente ao barrio de Campolongo, que estes momentos está castigado”. Por iso é polo que o popular volva solicitar, a reapertura do vial.

“Están a estrangular Campolongo”, declarou. “Lores abandonou o barrio e estase degradando dunha forma que non merece”, rematou.

Publicacións Relacionadas