HomePontevedraPontevedraDomínguez, sobre o futuro de Ence en Pontevedra: “Non podo nin imaxinar...

Domínguez, sobre o futuro de Ence en Pontevedra: “Non podo nin imaxinar o sufrimento de centos de familias que ven o seu traballo perigar”

- Anuncio -spot_img

• O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, valora a situación tras coñecerse que o Tribunal Supremo fixa para o 7 de febreiro o debate sobre a legalidade da prórroga concedida: “O meu desexo é que todas as familias poidan manter os seus postos de traballo”

• Domínguez, fronte á estación que analiza a calidade do aire da cidade, desmonta a crítica do BNG á empresa: “Non se pode defender que o aire da cidade é excelente, que o é, mentres denuncias que a contaminación da empresa ten un grave impacto na contorna”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, quixo valorar a situación municipal tras coñecerse que o Tribunal Supremo fixa para o 7 de febreiro o debate sobre a legalidade da prórroga concedida á empresa Ence: “O meu desexo é que todas as familias poidan manter os seus postos de traballo”.

“Non podo nin imaxinar o sufrimento de centos e centos de persoas que ven como un recurso inxusto do alcalde, utilizando ferramentas e medios municipais, pode xerar unha perda de emprego masiva na nosa cidade. Quero solidarizarme con todos eles e dicirlles que hai base xurídica para que a empresa continue desenvolvendo a súa actividade”, destacou o popular.

“O meu desexo é que todos poidan manter os seus postos de traballo”, resumiu o popular.

As declaracións de Domínguez teñen lugar fronte á estación meteorolóxica, instalada en Campolongo, que toma mostras de aire da cidade de maneira continua. O motivo é que esta mesma semana nos nacionalistas Ana Pontón e o propio alcalde Lores, facían referencia aos datos recolleitos por este aparello: “Ninguén entende que o BNG sosteña que temos os mellores datos nacionais en canto a calidade do aire, cando acto seguido cargan contra Ence por contaminar. Pido que se poñan de acordo, Ence contamina ou non? Pido rigor ao BNG, e aínda máis nestas datas, cando centos de familias que traballan nesta factoría ven o seu futuro máis próximo perigar”.

Publicacións Relacionadas