O conxunto vigués encaixou catro goles do seu rival, que non deu opcións ás de David Ferreiro
O Sárdoma de Vigo encaixou unha dura derrota hoxe ante o CE Europa, con motivo da 11ª xornada da 2ª RFEF feminina, na que recibiu a visita dun dos conxuntos máis en forma do campionato e que chegou ao descanso cunha vantaxe de dous goles.
O conxunto vigués tratou de manter a súa orde defensiva ante o empuxe do CE Europa, pero no minuto 23 encaixaba o primeiro tanto, obra de Queralt Torradeflot. Foi un duro mazazo para as de David Ferreiro, que tras perder por 3-0 ante o Espanyol B a pasada xornada confiaba con recuperar as boas sensacións hoxe, a pesar da entidade do seu rival.
O segundo tanto das de Joan Bacardit chegaría no minuto 32, obra de Angela Farres.
Poucos minutos despois do descanso, no 49, Queralt Torradeflot volvería bater a portería defendida por Sara Alonso, conseguindo sentenciar o encontro de forma definitiva Laura Chamizo, no min. 55, deixando totalmente sen opcións ás viguesas.
Con esta derrota o conxunto vigués sitúase na 12ª praza provisional da táboa, con 10 puntos. Na próxima xornada (12ª), prevista para o 18 de decembro, as viguesas disputarán un novo derbi autonómico, esta vez #ante o Viaxes Interrías FF.