É tempo de outono no comercio local do Porriño

adminON
Lectura mínima de 2

● Por cada compra que se realice nos establecementos asociados a Acipor, recibirase un rasca que podería conter un fabuloso premio


● Hai 5 tarxetas Morea de 20 euros, 420 paraugas e 305 tote bags esperando a ser descubertos

Desde o 1 ata o 21 de outubro o CCA Morea de Acipor, en colaboración co Concello de Porriño, convida á veciñanza a participar da campaña “É tempo de Outono”. Esta é unha marabillosa oportunidade para apoiar aos comerciantes locais e, ao mesmo tempo, levarse moitos regalos.

Por cada compra que se realice nos establecementos asociados a Acipor, recibirase un rasca que podería conter un fabuloso premio. Hai 5 tarxetas de agasallo Morea de 20 euros, 420 paraugas e 305 tote bags esperando a ser descubertos.

Os rascas premiados poderán trocarse ata o 23 de outubro nas tendas Lola, Serianper, Zafiro, Charol Shoes, Lencería Tere, Mapa Porriño, Rocío Lemos Peluquería e Conxelados Frandi, só presentando o rasca e unha copia do ticket da túa compra.

Esta campaña non só é unha forma divertida de incentivar as compras, senón que tamén resalta a importancia de contar cun tecido comercial activo e dinámico. “Apostar polo comercio local é fundamental para manter viva a vida social e económica do pobo. Cada compra conta e cada comerciante merece o noso apoio”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Así que, sae a ver todo o que poden ofrecernos e compra no teu comercio. Xuntos, fagamos de Porriño un lugar aínda máis cheo de vida.”

Comparte este artigo