Home Pontevedra Barro Eduardo Ruadas García, presidente da nova xestora do Partido Popular de Barro

Eduardo Ruadas García, presidente da nova xestora do Partido Popular de Barro

- Anuncio -

• O novo equipo será o encargado de reforzar a estrutura de partido, seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños.

Tras varias reunións con afiliados e responsables do partido en Barro, nas que se expoñía a necesidade de renovación, o PP de Pontevedra decidiu designar a Eduardo Ruadas García novo presidente da xestora do Partido Popular de Barro. Liderará así un equipo que será o encargado de reforzar a estrutura do partido, seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños.

Así se decidiu onte na reunión mantida con afiliados en Barro, á que asistiron o secretario xeral do PP de Pontevedra, Luis López, e o coordinador comarcal do partido, Alberto Acuña, así como alcaldes e concelleiros doutros concellos limítrofes.

Luis López aproveitou a súa intervención para pedir unidade no partido, traballo ao novo equipo e coordinación co grupo municipal. Asemade, agradeceu a labor de José Antonio Landín durante todo estes anos, así como a todos os concelleiros e membros da anterior executiva local.

“É o momento de cambios, de apostar por un novo proxecto ilusionante do que forman parte todos os afiliados e todos os veciños que se senten próximos ao noso partido, hai que recuperalos porque aquí todos sumamos”, explicou.

Pola súa parte, Ruadas agradeceu a confianza en nome de todos os integrantes da nova xestora, e comprometeuse a traballar duro para recuperar o apoio dos veciños de Barro. Convidou ademais a todas as persoas que nalgún momento formaron parte do Partido Popular a sumarse de novo ao partido. “Quero contar con todo o mundo e non se vai excluír a ninguén, todo o contrario”.

Xunto a Eduardo Ruadas, forman parte da nova xestora Miguel Batallán, como vicepresidente; Tania Búa, como secretaria; Víctor Sánchez, vicesecretario; e Alberto Diz -concelleiro do grupo municipal-, Martín Couso e Roberto Magariños como vogais.

Eduardo Ruadas García ten 64 anos, é veciño de Barro e empresario no sector da construción.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas