Home Pontevedra Barro Eduardo Ruadas será o candidato do Partido Popular á alcaldía de Barro

Eduardo Ruadas será o candidato do Partido Popular á alcaldía de Barro

- Anuncio -

• López agradece ao candidato “a súa valentía para poñerse a disposición de traballar polos seus veciños e liderar un proxecto serio, estable, renovado e de futuro”.

• O candidato sinala que “temos proxecto, temos equipo e temos moitísima ilusión, e traballaremos de xeito incansable para recuperar a confianza dos veciños no PP”.

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, confirma que Eduardo Ruadas liderará a candidatura do PP á alcaldía de Barro nas eleccións municipais do 28 de maio. Durante un encontro esta tarde con membros da xestora local e veciños, agradeceu ao candidato “a súa valentía para poñerse en disposición de traballar polos seus veciños e liderar un proxecto serio, estable, renovado e de futuro para este concello”.

Nesta liña, recordou que “o PP liderado por Ruadas é a única alternativa para reconducir Barro”, e por iso pediu seguir a pé de rúa, mantendo reunións con todos os veciños, para explicar o proxecto dos populares, pero sobre todo, para escoitar e atender as súas reclamacións. Insistiu tamén na necesidade de conformar equipos capaces de manter “activo e unido” o partido, con xente que poida chegar a todos os recunchos do concello.

López afirmou que as eleccións municipais son fundamentais porque nelas elíxese ao alcalde e ao Goberno local que transformará o concello nos próximos catro anos, pero tamén son importantes para iniciar o cambio político que necesitan os españois e dar o primeiro paso para que Feijóo sexa presidente do Goberno.

Pola súa banda, Eduardo Ruadas, autónomo de 65 anos e presidente da xestora local desde maio, asumiu o reto agradecendo a confianza da dirección provincial do partido e dos militantes. “Temos proxecto, temos equipo e temos moitísima ilusión, e traballaremos de xeito incansable para recuperar a confianza dos veciños no Partido Popular”, sinalou.

Neste senso, dixo que “Barro merece moito máis, e por iso o Partido Popular presentará un proxecto renovado, con ideas novas e pegado á realidade e necesidade dos nosos veciños”.

Ademais, o candidato pide colaboración a todas aquelas persoas “que aspiran a ter un mellor concello, con máis oportunidades e con mellores servizos. As portas do Partido Popular de Barro están abertas permanentemente a todos os que queiran unirse a este proxecto e botar unha man. Aspiramos a buscar o ben común para todos os veciños do noso concello”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas