HomeVigoMosEducando en igualdade a través do circo coa campaña Malabares ata cando?

Educando en igualdade a través do circo coa campaña Malabares ata cando?

- Anuncio -spot_img

O espectáculo Cirqueiras da Deputación chegou hoxe ao mosense CEIP Mestre Martínez Alonso e súmase ao programa municipal polo 8M deste ano, titulado Escribamos a nosa historia, dedicado ás educadoras de Mos

O concelleiro de Igualdade de Mos, Leo Costas, e a deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Sandra Bastos, participaron esta mañá no CEIP Mestre Martínez Alonso na actividade Cirqueiras incluída na campaña Malabares ata cando?, da Deputación co gallo do 8M.

A campaña pon o foco na corresponsabilidade nos coidados, para que as mulleres non teñan que sacrificar as súas carreiras profesionais nin o tempo para si mesmas.

Así os representantes local e provincial, Costas e Bastos, reiteraron hoxe o compromiso das súas respectivas administracións coa igualdade de xénero e reafirmaron a súa convicción de converter a igualdade no “eixo central da nosa acción política e na nosa folla de ruta” co fin de “fomentar os dereitos das nenas e mulleres, xa que é a nosa responsabilidade”.

Cirqueiras é un evento multidisciplinar para escolares da provincia no que actúa unha selección das mellores artistas galegas das disciplinas circenses e vén a completar en Mos a programación municipal conmemorativa do 8M, que está este ano moi vencellada ao ámbito escolar, pois con ela Mos homenaxea ás mulleres que lle ensinaron a escribir a súa historia.

Este 2025 hónrase ás mulleres educadoras, referentes para moitas xeracións de mosenses, baixo o lema “Escribamos a nosa historia”.

Reivindícase o papel das mulleres educadoras que contribuíron a escribir a historia deste concello desde unha perspectiva feminina. E homenaxéase ás educadoras locais, mulleres referentes para moitas xeracións de mosenses, que ven recoñecido o seu labor educativo e de pioneiras, e son as protagonistas deste mes de marzo en Mos.

Publicacións Relacionadas