Home O Morrazo Bueu Elena Estévez destaca o compromiso da Xunta con Bueu tras investir 18,1...

Elena Estévez destaca o compromiso da Xunta con Bueu tras investir 18,1 millóns na lexislatura e pola “forte aposta e defensa” do sector do mar no noso concello

- Anuncio -
  • A voceira municipal do PP solicitou o apoio da veciñanza a Alfonso Rueda nun percorrido pola vila co candidato Raúl Santamaría e outros membros do PP local “porque é a única garantía de estabilidade e cobertura ás necesidades de Bueu fronte as leas dun multipartito”
  • O concelleiro vilagarcían, número 7 da lista, puxo en valor as propostas do PP para a mocidade coas taxas universitarias de balde e o transporte gratuíto, do que xa se benefician 944 buenenses menores de 21 anos e as amplas axudas en materia de vivenda, emprego, deporte e lecer

A voceira municipal do PP de Bueu, Elena Estévez, destacou hoxe o compromiso do seu partido con Bueu para, a través da Xunta de Galicia, ter investido no concello morracense 18,1 millóns de euros na derradeira lexislatura e tamén puxo en valor a “forte aposta e defensa” dos populares para o sector do mar, “algo que é fundamental no noso municipio pola súa importancia económica e tamén identitaria.

Elena Estévez, que esta mañá participou nun paseo electoral pola vila acompañada polo candidato Raúl Santamaría e Dolores Hermelo, solicitou o apoio decidido da veciñanza a Alfonso Rueda nas eleccións do vindeiro domingo 18 de febreiro, “xa que o que é medible non é opinable e o compromiso do noso presidente con Bueu percíbese perfectamente neses 18 millóns de euros”. Por elo, avogou por que haxa un respaldo maioritario ao Partido Popular, “posto que somos a única garantía de estabilidade e de ter un Goberno galego que atenderá as necesidades de Bueu fronte ás previsibles leas dun multipartito, que estará ás súas leas entre eles pero, desde logo, non a atender aos buenenses”.

Estévez tamén fixo un aparte para falar do sector do mar, xa que revelou que a Xunta adicou máis de 1,4 millóns de euros á xente de Bueu que se adica a esta actividade, e contrapuxo a sensibilidade, implicación e canles de diálogo que sempre ten o PP con este ramo económico “fronte aos ataques, críticas e abandono de PSOE e BNG, que só se preocupan del cando salta algunha cuestión coa que poden sementar a polémica para tratar de rabuñar algún voto, pero, á hora da verdade, nunca respaldan as súas necesidades e sempre están contra os seus intereses, como se viu no arrastre, a mexilla ou o recente vertido dos pélets, un incidente co que non lle doeron prendas en emprender unha campaña de críticas e desprestixio dos nosos produtos do mar motivando unha caída das vendas que afectou moito a Bueu e outros concellos do Morrazo, pero eles só quería réditos electorais, non axudar á nosa xente do mar”.

Pola súa banda, o número 7 da lista do PP pola provincia de Pontevedra e concelleiro vilagarcían, que recibíu o agarimo da veciñanza de Bueu, centrouse en poñer en valor as moitas medidas para a mocidade impulsadas polos populares, como as taxas universitarias de balde a partires do vindeiro curso académico, a gratuidade do transporte público, da que se benefician 944 buenenses menores de 21 anos, ou as amplas axudas habilitadas en materia de vivienda, emprego, emprendemento, deporte ou lecer, entre outras.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas