Home Pontevedra O Condado Empezan as obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal, parroquia...

Empezan as obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal, parroquia de Fornelos por máis de 45.000,00€

- Anuncio -

O Concello de Salvaterra de Miño ven de iniciar as obras de ampliación do saneamento no lugar de Carrascal, en Fornelos, por un importe superior aos 45.000,00€ a través do Plan Concellos da Deputación Provincial, co fin de seguir mellorando e ampliando a súa rede de saneamento e en consecuencia os servizos ofrecidos aos seus veciños e veciñas.

As obras incluídas neste proxecto consisten na limpeza, corte e demolicións de firme, completar a rede de servizos existentes no lugar de Carrascal e a reposición das gabias, co fin último de dotar de saneamento ás vivendas que actualmente non posúen dito servizo, para quw se poidan conducir as augas residuais ao colector xeral, para o seu posterior tratamento.

En total prevese executar 442 metros de tubería de PVC de 250mm de diámetro nominal. O tramo a executar desembocará nun colector existente, polo que as vivendas poderanse conectar á rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas