HomePontevedraEn marcha as obras de mellora no camiño do Subido, Chapela

En marcha as obras de mellora no camiño do Subido, Chapela

- Anuncio -spot_img

A empresa concesionaria comezou xa as obras de mellora no camiño do Subido, en Chapela, “para mellorar a seguridade e a mobilidade da veciñanza nesta zona”, tal como explican desde a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade. As obras inclúen a mellora da drenaxe e a pavimentación con aglomerado asfáltico en quente, cunha lonxitude total de 186 metros, o que supón unha superficie aproximada de 772 metros cadrados. Tamén se realizará a limpeza de beiravías e taludes do camiño. O orzamento ascende a 30.409,55 euros. A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro Roberto Villar sinalan que se trata dunhas obras “moi necesarias” para o goberno local, xa que esta zona presenta un gran desnivel “e con esta renovación poderase mellorar a seguridade na circulación tanto de vehículos como de peóns”. O prazo de execución destes traballos é de 2 meses.

Este ó o segundo tramo que se arranxa no camiño do Subido. No primeiro treito habilitouse unha franxa peonil con máis agarre para facilitar o tránsito dos peóns e evitar riscos de caídas.

Por outra banda está tamén en marcha o arranxo do camiño das Cabritas, en Quintela. Comezaron os traballos de preparación do firme para facer o novo pavimento con aglomerado asfáltico en quente. Neste caso a lonxitude total da estrada é de 157 metros, cunha superficie aproximada de 650 metros cadrados. A mellora inclúe a limpeza das cunetas e taludes do camiño. O orzamento destes traballos ascende a 11.858,00 euros.

Publicacións Relacionadas