HomeO MorrazoMarínEntra en funcionamento a Zona 2H nas novas rúas incorporadas a este...

Entra en funcionamento a Zona 2H nas novas rúas incorporadas a este sistema de estacionamento

- Anuncio -spot_img

O Concello vén de rematar o pintado e a sinalización das rúas nas que se amplía o sistema de regulación do estacionamento Zona 2H, que son:

1.- Zona próxima á Praza de Abastos
Na rúa Exército e Marina, ocupando todo o estacionamento existente na súa marxe esquerda, desde a entrada principal ata a súa bifurcación coa Praza de España. En total serán 20 prazas, repartidas do seguinte xeito:

  • Desde o paso de peóns da entrada principal ata o final do edificio: 12 prazas
  • Desde o final do edificio ata o paso de peóns de Correos: 4 prazas
  • Desde o paso de peóns de Correos ata o final: 4 prazas
  • 2.- Zona do Centro de Saúde
    Na rúa Mestre Landín Pazos. Regularase o aparcadoiro público do INVIED que hai fronte á entrada do Centro de Saúde, así como a beirarrúa pegada ao edificio, exceptuando as prazas destinadas á ambulancia e a de persoas con mobilidade reducida. Serán 15 prazas.
  • 3.- Zona da Rúa Méndez Núñez
    No tramo situado entre o carga e descarga detrás do Concello ata o carga e descarga que hai detrás da Biblioteca Pública Vidal Pazos. Serán 12 prazas.
  • 4.- Zona de Jaime Janer
  • Desde o cruzamento coa Travesía Jaime Janer até o cruce coa rúa Busto de Abaixo. Ocuparanse 11 prazas.
  • 5.- Zona Rúa da Ponte
  • Ocuparase todo o tramo, unindo coas prazas xa existentes como Zona 2H. En total, dotarase de 20 prazas.
  • 6.- Zona Avenida de Ourense
  • Habilitarase a Zona 2H desde o cruzamento da Rúa Carballino ata o a rúa do Tombo, con seis prazas.
  • Deste xeito, desde hoxe a Policía Local procederá ao control do estacionamento nestas zonas, para garantir o seu bo funcionamento.
  • O obxectivo, tal e como explican fontes do Goberno local, “é seguir ordenando o espazo urbano de Marín e garantindo que no centro urbano exista rotación nas principais rúas, nas que antes da implantación deste sistema gratuito era moito máis difícil aparcar”.

Publicacións Relacionadas