Entre Praias Sunset, un festival con seis horas de música totalmente gratuíto que terá lugar este venres 23 de agosto no Parque da Palma

adminON
Lectura mínima de 1

O Entre Praias Sunset, un festival totalmente gratuíto que terá lugar este venres 23 de agosto no Parque da Palma e que permitirá gozar de máis de seis horas de música ao aire libre. Empezará ás 19:00h e durante a xornada poderase gozar da bonita posta de sol de Baiona.

Organizado pola concellería de festexos do Concello de Baiona e a empresa Leitmotiv Producións, manterase ao completo o cartel que estaba anunciado para a data de xullo, polo que todas as persoas que acudan o vindeiro venres ao Parque da Palma poderán bailar e vibrar con DJs que son todos uns referentes do panorama nacional e galego como é o caso de Michenlo, Juan Valente, Groove Amigos, Samu Pexe, Yaggo e Vince Stone, estes dous últimos veciños de Baiona.

Comparte este artigo