Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza Equina Galicia 2024 ultima unha cita con máxima categoría e unha interesante...

Equina Galicia 2024 ultima unha cita con máxima categoría e unha interesante novidade, probas do Campionato de España de Equitación de Traballo

- Anuncio -
  • O EIXO CENTRAL DESTE EVENTO SERÁ O SEU CONCURSO MORFOFUNCIONAL, QUE REVALIDA AS SÚAS TRES ESTRELAS, SE BEN O SEU PROGRAMA INCLUIRÁ DE NOVO DOMA, ENGANCHES, ESPECTÁCULOS ECUESTRES E CONFERENCIAS
  • ADEMAIS, POR PRIMEIRA VEZ CELEBRARÁ UNHA COMPETICIÓN PUNTUABLE PARA A FINAL NACIONAL DE EQUITACIÓN DE TRABALLO, UNHA MODALIDADE CENTRADA NAS DESTREZAS DO CABALO CO GANDO NO CAMPO
  • ESTA CITA ECUESTE TERÁ LUGAR NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA DO 26 AO 28 DE XULLO E A SÚA ENTRADA SERÁ GRATUÍTA

Equina Galicia ultima xa as actividades dunha nova edición, que terá lugar do 26 ao 28 de xullo na Feira Internacional de Galicia ABANCA e cuxa entrada será gratuíta. O recinto de novo será escenario de importantes competicións nas que participarán destacados exemplares das mellores ganderías nacionais e tamén algunhas internacionais.

Organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, este evento terá como eixo principal o X Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, o cal volveu a conseguir para esta edición a categoría tres estrelas. Por terceiro ano consecutivo a Real Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE) concedeulle de novo o máximo nivel neste tipo de competicións, pola súa excelente evolución e o esforzo na súa organización, ademais de valorar novamente as infraestruturas destinadas ao concurso no recinto feiral.

Esta proba, que se levará a cabo durante os tres días de Equina, será clasificatoria para a final do Campionato do Mundo, a cal se celebrará en Sevilla do 19 ao 24 de novembro, no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB).

Ademais do concurso morfofuncional, esta cita incluirá outras competicións tamén consolidadas no calendario ecuestre nacional, como son a XXV Copa Accega, o Territorial e o VI Trofeo Xunta de Galicia – Medio Rural de Doma Clásica. Ademais, volverá celebrarse un espectáculo ecuestre e bautismo hípico.

Por outra banda, acollerá dúas interesantes conferencias. A primeira delas, a cargo de ANCCE, centrarase nas novidades do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Española e será impartida por Pedro J. Azor, subdirector do Libro Xenealóxico. A segunda, impulsada pola Xunta de Galicia, versará sobre “EUnetHorse, mellora da resiliencia e o rendemento do sector equino”, a cargo de Cristina Vierna, do proxecto EUnetHorse.

Competición de equitación de traballo

Nesta edición Equina Galicia acollerá por primeira vez probas puntuables para o Campionato de España de Equitación de Traballo, o cal tamén se celebrará no marco de SICAB baixo regulamento ANCCE.

Esta modalidade ecuestre, centrada na habilidades e destrezas do cabalo para o traballo co gando no campo, é propia de países mediterráneos e centroeuropeos e xa conta cunha solicitude oficial para que sexa considerada modalidade olímpica. En Galicia é crecente o interese por esta disciplina, polo que, tanto dende a organización de Equina como dende a Federación Hípica Galega, pretenden que estas probas sexan soamente un primeiro paso para celebrar campionatos galegos itinerantes.

A competición contará con catro tipos de probas que deben afrontar os binomios participantes (cabalo e xinete ou amazona), que serán doma, manexabilidade, velocidade e apartado de gando, instalándose para estas últimas varias pontes, obstáculos e material que simula reses para o seu desenvolvemento.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas