Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza Equina Galicia 2024 celebra xa unha edición con gran participación, máxima categoría...

Equina Galicia 2024 celebra xa unha edición con gran participación, máxima categoría de competición e marcado carácter internacional

- Anuncio -
  • HOXE ESTANSE A CELEBRAR VARIAS SECCIÓNS DO X CAMPIONATO DE ESPAÑA PURA RAZA ESPAÑOLA-ANCCE, EIXO CENTRAL DESTA CITA, QUE POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO CONTA CON CATEGORÍA TRES ESTRELAS
  • O EVENTO, QUE SE DESENVOLVERÁ NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA ATA O DOMINGO AO MEDIODÍA, ACOLLERÁ TAMÉN TRES CONCURSOS DE DOMA CLÁSICA, UNHA PROBA OFICIAL DO CAMPIONATO GALEGO DE ENGANCHES E OUTRA DE EQUITACIÓN DE TRABALLO

Equina Galicia, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde, celebra xa na Feira Internacional de Galicia ABANCA a súa décima edición, cuxa entrada é gratuíta. Ata as 14.30h do domingo acollerá seis competicións con máis de 200 cabalos de oito países, conferencias, un espectáculo ecuestre e bautismo hípico.

Hoxe Equina Galicia 2024 céntrase no X Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, concurso morfofuncional que é o eixo central do evento e valora tanto a morfoloxía dos exemplares como os seus movementos. Ao longo desta xornada desenvolveranse as seccións de poldros de 2 e 3 anos, eguas de 4 anos e sementais de 4, 5, 6 e 7 anos ou máis. Continuará mañá con máis seccións e o domingo cos premios especiais.

Este Campionato celébrase novamente coa categoría tres estrelas, xa que por terceiro ano consecutivo a Real Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE) concedeulle o máximo nivel neste tipo de competicións, pola súa excelente evolución e o esforzo na súa organización, ademais de valorar novamente as infraestruturas destinadas ao concurso na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Esta competición conta coa participación de 55 destacadas ganderías, a maior cifra ata o momento, as cales proceden non só da maioría de Comunidades Autónomas españolas, senón tamén doutros seis países, como son EE.UU, Nicaragua, Costa Rica, México, Italia e Bélxica. Un carácter internacional que comezou a crecer fai un par de anos e que nesta edición consolida a Equina na axenda de ganderías estranxeiras que teñen cabalos competindo en España, os cales participan a través de presentadores nacionais para puntuar de fronte ao Campionato do Mundo. Non en balde esta proba é clasificatoria para esta final mundial, a cal se celebrará en Sevilla do 19 ao 24 de novembro, no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB).

En total participan ata o domingo máis de noventa exemplares de pura raza española, convertendo esta cita nun dos tres campionatos de España con maior número de participantes.

Unha proposta con concursos e outras actividades

Ademais do concurso morfofuncional, esta cita ecuestre contará con outras cinco importantes competicións. Tres delas centraranse mañá na doma clásica e contarán cunha cifra récord de 60 binomios (cabalo e xinete ou amazona), sendo o VI Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica, que conta co apoio da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia; a XXVI Copa Accega e o Territorial, este último clasificatorio para o Campionato Galego de Doma Clásica.

Tamén mañá Equina Galicia acollerá por primeira vez probas puntuables para o Campionato de España de Equitación de Traballo, o cal se celebrará no marco de SICAB baixo regulamento ANCCE. Unha ducia de binomios de España e Portugal participarán nesta cita, a cal se corresponde cunha modalidade ecuestre centrada nas destrezas do cabalo para o traballo co gando no campo e que contará con catro tipos de probas, que serán doma, manexabilidade, velocidade e apartado de gando.

Xa o domingo sumarase a cuarta proba das seis que compoñen o Campionato Galego de Enganches. Puntuable para o Campionato de España ademais do galego, contará con tres modalidades, Limonera e Tronco, ambas as consistentes en carruaxes de catro rodas pero cun cabalo no primeiro caso e con dous no segundo, e tamén Ponis, orientada a nenos e cunha carruaxe tirada por un poni. Nesta ocasión a proba contará cun gran nivel, xa que entre a decena de participantes procedentes de distintos puntos de Galicia figura o campión de España de Enganches en Limonera Individual, Carlos Castiñeira, e os subcampións en Limonera e Tronco por Equipos, Carlos Otero e José Manuel Suárez, que compartiron estes títulos tamén con Carlos Castiñeira. Ademais, competirán en Ponis un neno e unha nena de 10 e 11 anos que se perfilan xa como novas promesas desta disciplina hípica.

Equina Galicia 2024 ofrecerá tamén outras propostas relacionadas co mundo do cabalo, como son un espectáculo ecuestre, bautismo hípico e conferencias. Con respecto a estas últimas, acollerá mañá dúas. A primeira delas, a cargo de ANCCE, centrarase nas novidades do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Española e será impartida por Pedro J. Azor, subdirector do Libro Xenealóxico. A segunda, impulsada pola Xunta de Galicia, versará sobre “EUnetHorse, mellora da resiliencia e o rendemento do sector equino”, a cargo de Cristina Vierna, do proxecto EUnetHorse.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas