Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Ernesto Filgueira lamenta que o PP continúe a discriminar a Cerdedo-Cotobade nos...

Ernesto Filgueira lamenta que o PP continúe a discriminar a Cerdedo-Cotobade nos Orzamentos da Xunta

- Anuncio -

Todas as demandas históricas de Cerdedo-Cotobade, rexeitadas polo PP

O Portavoz municipal de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, lamentou profundamente a falta de compromiso do PP cos veciños e veciñas do municipio, ao rexeitar no Parlamento galego todas e cada unha das emendas presentadas polo BNG e que respondían a demandas históricas da veciñanza.
“Nin Centro de saúde de Carballedo, nin residencia de maiores de Carballedo, nin pavillón de deportes en Tenorio, nin mellora da rede de saneamento municipal, nin a tan demandada mellora da seguridade viaria na PO-233/PO-234 (Bora-A Lama)… Todas estas propostas do BNG, que recollen vellas reclamacións do noso pobo, foron rexeitadas polo ‘rodillo’ do PP” no Parlamento.

Tamén foron rexeitadas a articulación dunha liña de transporte que una Cerdedo-Cotobade con Pontevedra, que dea servizo tanto á mocidade que estuda na capital como á veciñanza en xeral, ou a mellora do subministro eléctrico nas escolas infantís, xa que son recurrentes as caídas do sistema eléctrico que chegan mesmo a inhabilitar o comedor.
“Cubela terá que explicar este contínuo desprezo do seu partido a demandas xustas e necesarias para os veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade. Calar non é unha resposta, e se cala é que avala a discriminación coa que o PP trata ao noso concello”, sentenciou Filgueira.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas