HomeTabeirósCerdedo - CotobadeErnesto Filgueira negocia co alcalde as contas municipais 2021 na procura dun...

Ernesto Filgueira negocia co alcalde as contas municipais 2021 na procura dun “Pacto polo benestar da veciñanza”

- Anuncio -spot_img

O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes propostas á equipa do Goberno
Local a propósito da negociación dos Orzamentos Municipais 2021 no marco dun
desexable acordo a prol dun “Pacto polo Benestar da veciñanza de CerdedoCotobade”.
O Portavoz do BNG en Cerdedo-Cotobade, vén de reunirse co alcalde para
plantexarlle as propostas que, ao entender da formación nacionalista, debían
contemplar os orzamentos municipais para que sexan útiles nun contexto como o
actual marcado pola pandemia.
No reunión o BNG trasladoulle ao alcalde de Cerdedo-Cotobade que ve coa “máxima
preocupación as consecuencias económicas e sociais da COVID-19 que está a lastrar
o benestar das familias, a fenda dixital na que se atopan algunhas crianzas, a falla de
traballo para as persoas autónomas, o pequeno comercio e produtores de Cerdedo e
Cotobade, ou a necesidade de ampliar a cobertura dende os servizos sociais para
protexer ás persoas maiores e ás máis vulnerábeis”. Neste contexto, para os
nacionalistas, o obxectivo das contas públicas deste ano pasa por centrarse na
dinamización comercial local, no benestar das persoas, no despegue da cultura
e na loita polos servizos públicos.
Ernesto Filgueira: “A postura do grupo que lidero é a de achegar as mellores
propostas, negocialas e acordalas; sobre todo nas duras circunstancias sanitarias e
económicas actuais, conscientes de que a veciñanza quere responsabilidade e altura
de miras e así o estamos a demostrar comprometéndonos cunha oposición seria,
propositiva e responsábel”.
Seguindo esta filosofía, a batería de propostas para a negociación son as seguintes:
-Posta en funcionamento dunha liña urxente de axudas directas para os
autónomos, pequenos empresarios e produtores locais cunha partida por riba dos
375.000€ en estreita colaboración coa Deputación e a Xunta de Galiza.
-Alcanzar a excelencia no gasto social por riba dos 100€ por habitante cunha
partida de 585.000€. Aumentar as horas prestadas aos usuarios do Servizo de
Axuda no Fogar (SAF) en función das súas necesidades e incrementar o número
de beneficiarios dadas as consecuencias económicas por mor da pandemia actual.
Aumentar a partida de Emerxencia Social. Prestar acompañamento e apoio
psicolóxico para mellorar a saúde mental da poboación en xeral centrándose
especialmente na infanto-xuvenil, nos maiores e na poboación en risco de exclusión
social. Imprescindible reforzar o Departamento de Servizos Sociais con persoal de
apoio.
-Aumento nun 40% das aportacións económicas ás asociacións folclóricas,
musicais, culturais, ANPAS e Festas Gastronómicas ata alcanzar os 41.580€.
Ademáis, o BNG ve necesaria a existencia dunha partida dedicada a cubrir todos os
eventos da efeméride do Ano Gaiteiro Ricardo Portela. Revisar á alza o apoio
económico das Escolas Deportivas Municipais.
Creación dunha BOLSA DE DINAMIZACIÓN CULTURAL PARA ACTIVAR AS
CASAS PÚBLICAS PARROQUIAIS facendo partícipes de xeito remunerado ás
entidades culturais, folclóricas e musicais do concello.
-15.000€ para reducir a Fenda Dixital: crear unha Bolsa de Axudas para achegar
material dixital e/ou dotar de servizo de internete ás crianzas que o precisen. Crear
un programa de “Cursos de Formación Dixital” nas parroquias para dotar á
veciñanza da aprendizaxe necesaria para desenvolverse nas xestións de trámites
máis habituais (citas médicas, xestións bancarias, xestións coas administracións …).
-Posta en marcha dun Programa de Transporte-Taxi á Demanda para cubrir as
necesidades básicas de mobilidade inter-parroquial (alimentación e/ou sanitarias) para
persoas da terceira idade e/ou persoas con diversidade funcional.
-Incorporar as partidas económicas oportunas para a reforma da Estradas de
Almofrei, a ampliación do tramo Bugarín-Fondós e seguranza viaria no tramo
Borela-A Graña e Rebordelo-Pozo Negro.
Ernesto Filgueira: “A liña principal das propostas ascende a 1.016.600€, medidas
imprescindibles para pactar unhas contas de reactivación económica e social; e
ficamos á espera do encaixe e dotación económica que lle dea o Alcalde as demáis
iniciativas para poder pechar un Pacto polo Benestar da Veciñanza”.

Publicacións Relacionadas