Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza Especialistas en Misión Imposible, trío de pilotos e sete vehículos nun show...

Especialistas en Misión Imposible, trío de pilotos e sete vehículos nun show de motor con moita adrenalina para Abanca Semana Verde 2024

- Anuncio -
  • ESTE NOVIDOSO ESPECTÁCULO, CON DOUS PASES O 1 DE XUÑO, CONTARÁ CON JUANAN DEL FRESNO E EDU RODRÍGUEZ, RESPECTIVAMENTE CAMPEÓN MUNDIAL E EUROPEO DE ACROBACIAS EN MOTO STUNT, E MERI BERNAL, ÚNICA MULLER ESPAÑOLA QUE REALIZA ACROBACIAS EN MOTO DE ALTA CILINDRADA
  • A FEIRA TAMÉN CONTARÁ CON OUTRAS EXHIBICIÓNS DE MOTOCICLISMO O DOMINGO 2 DE XUÑO A CARGO DE ÁNGEL CAMPOS

A 46ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal terá lugar do 30 de maio ao 2 de xuño, volve superarse nos seus xa habituais shows de motor durante a fin de semana da feira.

Nesta ocasión o seu programa incluirá un novo espectáculo que, por primeira vez, estará integrado por un trío de pilotos que ademais manexará sete vehículos diferentes.

Así, formarán parte do show Juanan del Fresno, campión en competicións mundiais de acrobacias en moto Stunt e especialista de cinema en moto da película Misión Imposible 7 de Tom Cruise, e Edu Rodríguez, campión europeo de acrobacias en moto Stunt no ano 2015, tamén especialista de cinema en películas como Misión Imposible 7, e dobre de acción para Bollywood (a principal industria de cinema da India). Tamén integrará o espectáculo Meri Bernal, a única muller española que realiza espectáculos acrobáticos con motos de alta cilindrada.

No seu espectáculo, moi dinámico e cargado de adrenalina, realizarán vistosas acrobacias e trucos cunha ampla frota de vehículos, composta por cinco motos, un quad e unha Harley Davidson.

O público da feira Abanca Semana Verde 2024 poderá gozar de dous pases o sábado 1 de xuño, ás 13.00h e ás 18.00h.

Outras exhibicións de motor

A feira contará ademais con outro espectáculo de motor a cargo do piloto Ángel Campos, quen xa participou neste certame en varias ocasións con gran éxito e volverá mostrar as súas acrobacias coreografiadas.

As súas exhibicións de motociclismo stunt están programadas para o domingo 2 de xuño ás 13.30h e ás 17.30h horas.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas