Home Pontevedra Baixo Miño Espectáculo de narración oral para celebrar o Día da Biblioteca

Espectáculo de narración oral para celebrar o Día da Biblioteca

- Anuncio -

Será este xoves ás 17.30 h con “Burromaquia” de Inacio Vilariño

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este xoves, 24 de outubro, ás 17.30 h a celebración do “Día da Biblioteca” con “Burromaquia” actividade dirixida ao público infantil a cargo de Inacio Viñariño de Fantoches Baj.
“Burromaquia” é un espectáculo de narración oral, para público familiar a partir de 3 anos, cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións nas que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da súa participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.

A concelleira de Cultura tudense, Sonsoles Vicente Solla, lembra que o lema deste ano 2024 do “Día da Biblioteca”, “Por un futuro sostible”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as bibliotecas na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, a biblioteca contribúe a construír unha sociedade cada vez máis informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras. Como institucións democráticas, as bibliotecas son espazos accesibles abertos á participación da cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento, de posta en marcha de novas ideas e proxectos. Nesta liña se traballa na Biblioteca tudense.

No que vai de ano a Biblioteca Municipal leva realizados 14.733 prestamos de libros á domicilio, o que significa arredor de 50 préstamos diarios, a 1.069 socios da biblioteca. No que vai de ano téñense incorporado un total de 319 novas persoas usuarias como socias do servizo de préstamo a domicilio. Uns datos que sinala a concelleira de Cultura tudense reflicten o dinamismo desta Biblioteca Municipal.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas