Home O Condado Mondariz Este pasado sábado AporM presentou a totalidade da súa lista e o...

Este pasado sábado AporM presentou a totalidade da súa lista e o futuro grupo de goberno, que terá como prioridade devolver a Mondariz o pulso perdido

- Anuncio -

Compóñeno 3 mulleres e 3 homes, un grupo cunha media de idade de 37 anos que teñen como obxectivo a recuperación da actividade e o dinamismo do concello

Nun acto no que Alternativa por Mondariz estivo arroupado polos veciños, presentado pola escritora Isabel Blanco e onde interviron os 4 primeiros candidatos. Tamén presentaron o candidato para a Entidade Local Menor de Vilasobrosoque Jesús Vázquez, ex concelleiro do partido e a súa suplente Catalina Landesa.

Xoán C. Montes Bugarín vén de presentar o primeiro tramo da candidatura coa que aspira a recuperar a alcaldía de Mondariz. Calis foi alcalde deste concello entre 2015-2019 e forma parte da Corporación Municipal desde hai 16 anos. Calis ten 47 anos e traballa no sector da automoción de Vigo desde 2001. Desde hai moito tempo está vinculado a diferentes asociacións de Mondariz (deportivas, culturais, veciñais…), coas que colabora de forma habitual. Ademais de presidir a corporación e coordinar o grupo de goberno, encargarase do departamento de Vías e Obras.

Presenta o seis primeiros dunha lista de 21 prácticamente cerrada:

2.- Helena Naveira Amoedo
Helena naceu en Gargamala hai 31 anos e, na actualidade, é veciña de Meirol. Estudou o ciclo superior de Administración e Finanzas e tamén Animación Sociocultural. Con experiencia nos concellos de Mondariz e de Salvaterra. É concelleira de AporM desde 2019 e será a responsable das áreas de Cultura, Formación e Educación.

3.- Mónica Vázquez Gómez
Mónica é natural e veciña de Toutón e ten 26 anos. Na actualidade é vogal da Traída de Augas da súa parroquia. Estudou dobre grao de Administración de Empresas e Dereito na Universidade de Vigo e traballa nunha empresa privada desa mesma cidade. Como concelleira farase cargo das áreas de Turismo, Economía e Facenda.

4.- María José Álvarez Rodríguez
María José é veciña de Vilar e ten 46 anos. Estudou Formación Profesional na especialidade de Administrativo e Comercial e, desde o ano 2001, é funcionaria do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Asumirá a responsabilidade dos departamentos de Servizos Sociais e Sanidade.

5.- Florentino Menéndez González
Tino estudou FPII nas especialidades de electricidade e delineación e traballa como técnico nunha empresa do sector da automoción. Ten 45 anos, é vogal da Entidade Local Menor de Vilasobroso desde 2019 e concelleiro na Corporación Municipal de Mondariz desde 2021. Será o responsable das áreas municipais de Medio Ambiente e Medio Rural.

6.- Anxo Pregal Amil
Nado en Meirol, ten 29 anos. Estudiou o ciclo superior de Ensinanza e Administración Deportiva e dous informáticos, un de superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e outro medio de Sistemas Microinformáticos e Redes. Ten experiencia laboral como monitor en diversos deportes e tempo libre e tamén no sector informático. Será o responsable das concellerías de Deporte e Novas Tecnoloxías.

“Como alcalde recuperarei o trato directo cos veciños, procurando a solución áxil e eficaz dos problemas de todos por igual, como fixen durante o mandato que presidín. Encabezo un equipo de mulleres e homes con formación e experiencia ao servizo da xente e en beneficio do concello de Mondariz, ao que quero antes que a ningunha sigla política”, manifestou o candidato á alcaldía.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas