O concello de Ponteareas organiza coa colaboración dos barrios de San Roque, da Moscadeira e de El Puente para revivir, un ano máis a a celebración das festividades de San Roque. Grazas aos barrios organizadores o sábado día 16 familias e visitantes gozarán na praia da Moscadeira dunha xornada de lecer e confraternización.
A concellería de Cultura e os barrios colaboradores xa teñen todo listo para que se celebre o tradicional xogo de cucaña “Pau de sebo”, no que as persoas participantes amosan a súa habilidade. As inscricións para participar nos xogos estarán abertas a partir das 16:00 horas do propio sábado día 16. Haberá dúas modalidades a cucaña horizontal e o vertical. No caso do horizontal abrirase a inscrición a partir de 15 anos e os menores deberán ter autorización das familias ou titores legais. O vertical organizarase en dúas categorías, unha categoría ata os 10 anos e outra a partir dos 10 anos.
Os barrios e o Concello animan a levar a comida para a cea e dan opción de reservar mesa ou de levar a túa propia. A misa solemne será ás 12:00 horas seguida do concerto da Banda de Música de Xinzo que será ás 13:00 horas. Os grupos “Xonqui” e “Alteanos” animarán a xornada.
O Concello financia os custos da actuación da banda de música das actuacións da noite e na montaxe do pau de sebo.
A Ponte dos Remedios convértese nun escenario compartido no que as familias de Ponteareas gozan da romaría e prolongan a tradición.
“Estamos ao lado das persoas que traballan para que sigamos revivindo tradicións como a de pau de sebo e recoñecemos o importante papel de asociacións, comisións e casas e centro culturais na dinamización socio cultural dos barrios e parroquias”, explica o tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos Glez. Carrera que xunto á alcaldesa, Nava Castro, anima a participar e gozar do tempo de lecer sen saír de Ponteareas reiterando o seu apoio ás tradicións locais que nos fan singulares e que nos deixaron en herdanza os nosos antergos.