Home Pontevedra A Paradanta Este sábado ponte en ruta co concello de Covelo

Este sábado ponte en ruta co concello de Covelo

- Anuncio -

O Concello convida a participar na excursión “En Ruta Coñecer Covelo”

O Concello de Covelo convida a coñecer parte do seu patrimonio etnográfico e participar na excursión “En Ruta Coñecer Covelo” o sábado día 17. A inscrición xa está aberta e poderase realizar contactando nos números de teléfono 646 600 059 / 629 14 17 15. Patrocinada pola Deputación de Pontevedra e organizada polo Concello e a Casa-Museo etnográfico Pazo da Cruz, a excursión ten un custo de sete euros e inclúe o seguro.

A saída será dende a praza de Covelo ás 10.00 h, neste punto afondarase na historia do Cruceiro de Covelo para logo saír rumbo a Lourido e descubrir os Pasos de Lourido. A continuación visitarán a Casa Museo Etnográfico Pazo da Cruz, o Dolmen de Rebordechán-Graña, a Casa Museo Leónides (Graña) e a ponte do rio Cabras, tamén na Graña.

O escritor e etnógrafo Maximino Fernández Sendín guiará aos e ás participantes pola historia de Covelo para gozar dunha xornada de lecer e aprendizaxe.

Relacionadas

O deputado Javier Tourís recibe na Finca Areeiro ao colectivo de Mulleres Rurais de...

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Javier Tourís, recibiu hoxe ás mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Salceda de Caselas que...

Unha ruta ornitolóxica abre este domingo os percorridos pola natureza en Tui

0
É preciso inscribirse na Oficina de Turismo. Ofértanse 25 prazas. Andoriñas, rulas, bubelas, paporrubios, xílgaros, miñatos, ou garzas serán algunha das aves que se poderán...

A Deputación envía ao Concello de Pazos de Borbén o convenio para a mellora...

0
O goberno provincial, a través do servizo de Infraestruturas, leva meses traballando para conseguir a dispoñibilidade dos terreos necesaria para executar a ampliación da...

O deputado provincial Jorge Cubela participa na Lama no primeiro encontro “Letras na Praza”

0
O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, asistiu hoxe ao primeiro encontro “Letras na Praza” que o Concello e o CEIP...

Mos inviste en maquinaria de pintado de sinalización horizontal en estradas para garantir e...

0
A máquina de sinalización viaria foi adquirida pola concellería de Obra Pública e leva xa unha semana traballando a pleno rendemento A concellería de Obra...

Máis dunha vintena de pezas participan no concurso da Festa dos Maios

0
Redondela celebrará a chegada do mes das flores coa tradicional Festa dos Maios. Unha vez pechado o prazo de inscrición, serán finalmente 25 maios,...

Publicacións Relacionadas