Home Pontevedra Baixo Miño Este sábado, tras unha excelente acollida, clausúrase a mostra “A exposición secuestrada....

Este sábado, tras unha excelente acollida, clausúrase a mostra “A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega. Tui 1968”

- Anuncio -

A “A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968” inaugurada o pasado 27 de setembro na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui chega a súa clausura, este sábado 16 de novembro, logo dunha excelente acollida tanto por parte do público como polos medios de comunicación. Resta esta semana para achegarse a visitar esta mostra que recupera a exposición orixinal de “Estampa popular galega” que no mes de setembro de 1968 fora prohibida polas autoridades da ditadura franquista tras ser programada no desaparecido Restaurante-Bar Galicia de Tui despois de que previamente percorrera sen especiais problemas outras localidades galegas.

Esta mostra, comisariada por Xosé Enrique Acuña, é froito da colaboración entre o Concello de Tui e Fundación Xavier Pousa e serve para recuperar a memoria da exposición de 1968 pero especialmente para reivindicar o movemento de “Estampa Popular Galega” ata agora practicamente esquecido no panorama artístico de Galicia.

Desde o Concello de Tui a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, sinala que con esta exposición amais da recuperación da memoria democrática local preténdese especialmente restituír e homenaxear a este movemento artístico e social de Estampa Popular Galega “como recoñecemento aos homes e mulleres que promoveron, en tempos de limitacións das liberdades políticas e sociais, a chegada de novos aires que invitaban a olladas diferentes, á frescura da creación artística, o rexurdimento da vida social e así rachar coa estreiteza e escuridade á que o franquismo nos tiña condenados”.

A mostra pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica) ata este sábado 16 de novembro en horario de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e o sábado de 9 a 13 h.

Estampa Popular Galega e a exposición en Tui
A Estampa Popular Galega, EPG, foi un movemento artístico de vangarda creado en Galicia no ano 1968 onde se agrupaban un grupo de pintoras e pintores descontentos co réxime franquista e que como norte teórico tiñan a intención de “achegar a arte ao pobo”. Encabezados por Raimundo Patiño e Xavier Pousa, optaron por expoñer a súa obra en lugares populares como feiras, bares ou tabernas sempre en forma de gravados e con prezos populares. A EPG seguía a estela dunha serie de movementos semellantes que se desenvolveron por toda España desde 1959 e que estiveron sempre impulsados por artistas que se movían dentro da oposición á ditadura franquista.

En Tui, a mostra da Estampa Popular Galega foi secuestrada pola policía franquista baixo a acusación de inxurias ao exército despois de ser programada no Bar-Restaurante Galicia. O pintor Xavier Pousa, foi encarcerado e detido xunto a Elvira M. Villa, os dous promotores da exposición, que pasaron a ser sometidos a un procedemento aberto pola xustiza militar que semanas sería finalmente sobreseído tras transcender esta actuación represiva incluso na prensa europea.

Na exposición ofrécense gravados de Raimundo Patiño, Lodeiro, Sevillano, Barreiro, Bea Rey, Alfonso Gallego Villa, Pedro Agrelo, Vázquez Diéguez, Xulio Maside e Laxeiro. Tamén os que presentaron Elvira M. Villa, Xavier Pousa e Xosé I. Pedrosa, o autor da estampa que en Tui foi especialmente denunciada por “injurias al Movimiento Nacional”. En paralelo, preséntase unha serie de documentación orixinal da EPG e materiais gráficos de contexto que á súa vez están recollidos no catálogo que se edita con motivo da mostra.

O acontecido con esta exposición secuestrada en Tui en 1968 significou o final real do movemento da Estampa Popular Galega. Xavier Pousa e Elvira M. Villa, os seus compoñentes principais, sentiron o peso da represión e das ameazas que recibiron por parte da Brigada Político-Social, a policía política franquista, na comisaría de Pontevedra e mesmo tras a súa liberdade estiveron continuamente vixiados.

Tras a resolución do conflito por parte do xulgado militar eventual de Pontevedra, os gravados incautados foron devoltos aos impulsores da mostra de Tui e pasaron a ser custodiadas por Xavier Pousa. Falecido o pintor, a súa viúva, a galerista Carmela Arbones, resgardounos no seu domicilio e durante décadas alí foron salvagardados. Agora, reaparecen 56 anos despois para ser de novo expostos, coa singularidade de que se amosan tal e como se descubriron. Segundo Xosé Enrique Acuña, comisario da mostra, “se expoñen sen agochar nin as súas feridas nin tampouco as cicatrices que padeceron tanto polo seu ocultamento preventivo, como todo aquilo que, sobre elas, causou o paso do tempo” e mais tamén para “abordar a primeira homenaxe a este movemento artístico que se realiza en Galicia”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas