Este venres arrancou á XXXIII Festa da Langosta que promete bater récords de asistencia

adminON
Lectura mínima de 3
  • A festa gastronómica por excelencia da Guarda comezou este ano ás 12:00h este venres

Por primeira vez a carpa do porto destinada á Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira abría o venres ás 12:00h, e poucos minutos fixeron falta xa para ver aos primeiros comensais desgustas os produtos.

O Grupo de Gaitas da Terceira Idade rematou o seu pasarrúas na carpa, onde xa probaban langostas e outros pratos que se ofertan, como croquetas de marisco, percebes, nécoras…

A inauguración da festa oficializouse co pregón das 20:30h este venres. O pregón volveu ao porto da Guarda cun persoeiro de luxo, Rafa Durán. O humorista e presentador de Baiona deixou ao público en pé tras unha intervención chea de humor, e interacción e participación cos asistentes.

Pola súa banda, o alcalde, Roberto Carrero, quixo ensalzar as belezas da Guarda, en especial a súa relación co entorno: “A Guarda é mar”.

O concelleiro de Cultura e Deporte, Celso Fariñas, fixo entrega da Langosta de Honra á Agrupación Musical da Guarda, que cumpre 20 anos, recoñecéndolle todos estes anos de traballo e esforzo.

Tras o acto, os presentes dirixíronse á carpa para poder cear os mellores produtos do mar. Ás 22:30h, deu comezo no exterior da carpa do porto converterase da banda Meighalho, banda do batería guardés Stewart cunha proposta de tradición galega con elementos da música jazz e rock.

O programa continúa este sábado e domingo

Durante o sábado e domingo haberá saídas de navegación co volanteiro Piueiro tanto pola mañá (11:00 e 12:00h) como pola tarde (17:00 e 18:00h). A información e as reservas estarán dispoñibles no punto de información do interior da carpa.

O sábado arranca co pasarrúas pola mañá do Trebón dos Xidos. Xa pola tarde haberá un espectáculo moi diferente e dirixido ao público familiar. Trátase do espectáculo “Volando vengo!” de Kanbahiota, catro trapecistas que mesturan humor e acrobacias. Todos e todas poderán desfrutar deste espectáculo no Auditorio de San Benito o sábado ás 20:00h. Pola noite, ás 23:00h a Agrupación Musical da Guarda ofrecerá un concerto moi especial de bandas sonoras.

E para rematar a festa, o domingo A Boalleira percorrerá as rúas da Guarda pola mañá; e pola tarde, ás 20:00h, o grupo O Sonoro Maxín porá ritmo de cumbia galega para bailar no exterior da carpa.

Comparte este artigo