Home Pontevedra Baixo Miño Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último...

Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último libro

- Anuncio -

Trátase de “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”. Será ás 20 h na Sala Municipal

Este venres, 20 de setembro, ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, presentarase o último libro do historiador Bieito Alonso, “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”, publicado pola Editorial Galaxia.

O acto contará coa presenza do autor e unha intervención socio-musical a cargo de Quico Paz Antón e Raúl Francés.

Despois de gañar o Premio da Crítica de Galicia na categoría de Investigación por “Anarquistas galegos en América”, Bieito Alonso pon sobre a mesa este novo volume, que centra o foco en Frank López, Francisco López García (1885-1967), natural de Bemantes.

Esta proposta pode resultar de interese para explicar a traxectoria transnacional dun movemento, como o dos anarquistas galegos, e peninsulares, que, localizado nos Estados Unidos, tamén estendeu os seus brazos pola súa contorna xeográfica, nunha sorte de intercambio propagandístico, financeiro e axitador que o mantivo vivo e vixente durante os primeiros trinta anos do século XX.

O autor bota luz, en “Inimigos ás portas. Frank López e o anarquismo global”, sobre unha desas moitas persoas, nadas en Galicia, que desenvolveron un papel singular nalgún dos acontecementos históricos máis relevantes do primeiro terzo do século pasado.

Bieito Alonso. (Ourense, 1958). Historiador, é autor dun número importante de obras, entre as que destacan: “Breve historia do nacionalismo galego” (1999), “O exilio de Castelao. 1939–1950. Pensamento e acción política “(2000), “O sindicalismo nacionalista galego, 1972-1982” (2003), “Obreiros alén mar. Mariñeiros, fogoneiros e anarquistas galegos en New York” (2006), “A Nosa Terra, xornalismo e nacionalismo político” (2008), “Anarquistas galegos en América”, Premio da Crítica de Galicia na categoría de Investigación 2020 (Galaxia, 2019) e “Estendendo a rebelión. Sindicalistas marítimos galegos na América atlántica” (Premio Manuel Murguía de Ensaio, 2021), así como unha manchea de traballos en obras de carácter colectivo e artigos en revistas especializadas, varios deles referentes á diversos aspectos da historia contemporánea de Tui e a súa contorna.

A concelleira de Cultura tudense, Sonsoles Vicente Solla, congratúlase de acoller na nosa cidade a presentación desta nova obra de investigación do historiador Bieito Alonso, veciño de Tui e cunha alta implicación na vida tudense. Este acto contribúe á dinamización da vida cultural de Tui e agradece tanto ao autor como á Editorial Galicia contar con esta cidade para a presentación desta obra.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas