HomeVigoO PorriñoEste verán vívese no Porriño: o concello presenta unha extensa axenda cultural...

Este verán vívese no Porriño: o concello presenta unha extensa axenda cultural para os próximos meses

- Anuncio -spot_img

• Teatro, música, cine na rúa, maxia e grandes eventos como Porrigalia compoñen a oferta cultural porriñesa para os meses de maio, xuño e xullo

O Porriño desenvolverá unha potente programación cultural e de ocio este verán con propostas para todos os gustos e públicos. O obxectivo do novo executivo: que a veciñanza do Porriño e da contorna conte cun amplo abano de actividades sen ter que saír do pobo.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, presentaron hoxe a axenda de base para os meses de maio, xuño e xullo, que inclúe concertos, exposicións, cine na rúa, circo, literatura, grandes eventos como Porrigalia ou a Festa dos Cachos e na que teñen un gran peso as asociacións culturais e veciñais do municipio.

“Queremos que a xente disfrute e viva O Porriño”, explicou o alcalde, “Estamos comprometidos coa cultura e ese compromiso require unha planificación que permita ter cada semana actividades de calidade que convivan cos eventos máis tradicionais e tamén cos que regresan, como Porrigalia que este ano volve con forza disposta a consolidarse”.

No mesmo sentido se expresou o edil de cultura, que incidiu en que “se trata dun programa de base ao que se sumarán máis actividades”. “Agárdannos moitas sorpresas este verán no Porriño”, concluíu.

A axenda porriñesa inclúe programacións específicas para conmemorar datas moi sinaladas, como o Día das Letras Galegas, o Día do Orgullo (Día do Porriño Orgulloso) ou a celebración dos Maios. Tamén unha innovador “Coñece a túa parroquia” e un ciclo de cine na rúa que fará as delicias de pequenos e maiores . A música terá un gran peso tamén na programación, con propostas de jazz, blues, folk, pop ou clásica.

Publicacións Relacionadas