test
Home Pontevedra A Paradanta Este vernres xornada de interpretación astronómica “Ceo de verán. 4 estacións Starlight”...

Este vernres xornada de interpretación astronómica “Ceo de verán. 4 estacións Starlight” en Covelo

- Anuncio -

O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse na observación do firmamento dende a contorna da igrexa da Xestosa, na parroquia de San Salvador de Prado

O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse na xornada de interpretación astronómica “Ceo de verán. 4 estacións Starlight”. Enmarcada na programación de actividades anuais que oferta o Concello de xeito estable e gratuíto, a actividade desenvolverase no conxunto xeográfico do Faro de Avión o venres 5 de xuño aberta a tódolos públicos incluso para aquelas que teñan  mobilidade reducida. O punto e hora de encontro será na contorna da igrexa da Xestosa, na parroquia de San Salvador de Prado, dende 30 minutos antes do ocaso e 1/1,5 horas logo do solpor.

Acompañadas/os do monitor starlight da Fundación Starlight, Julio Eiroa, terán a oportunidade de contemplar as estrelas máis brillantes, aprenderán a orientarse e descubrirán constelacións. Covelo aposta así pola observación do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural e científico posionándose como un dos Concellos de referencia para o coñecido “turismo das estrelas”. 

Protexido da tensión da contaminación lumínica e caracterizado pola limpeza do seu ceo, o Concello de Covelo recibe a centos de visitantes cada ano que gozan de actividades nas que aprender e tamén deixar voar a imaxinación.

Ceos despexados,  excelente claridade e a transparencia do aire son as condicións fundamentais requeridas para as observacións astronómicas e as actividades de turismo estelar que deben contan con ingredientes tan imperceptibles pero fundamentais como o brillo do ceo, a nitidez (seeing), a transparencia e a cobertura de nubes (tempo útil).

As persoas interesadas deberán inscribirse no número de teléfono 654 500 652 ao ser esta unha actividade con prazas limitadas. O grupo gozará tamén dun petisco e a organización infroma que poderá verse aprazada a actividade por cuestións meteorolóxicas.

A programación de actividades de promoción turística e cultural do Concello de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación acolle desde este luns cursos de competencias dixitais para nenos e mozos...

0
Os cursos, que terán lugar na aula CeMIT da institución provincial ata o 31 de xullo, están deseñados para ensinarlles conceptos básicos sobre ferramentas...

Arbo, remite a Xunta de Galicia os acordos plenarios para a creación da “Eurocidade...

0
• Os Catro Concellos de Galicia (Arbo, As Neves, A Cañiza e Crecente) aprobaron nos seus respectivos plenos o protocolo para a creación da...

Soutomaior acada o dato máis baixo de desemprego en xuño desde que hai rexistros

0
O número de persoas desempregadas no concello durante o mes de xuño baixou até 415, o que supón 27 persoas menos que en maio...

Luis López destaca a achega da Guarda ao destino Rías Baixas con atractivos como...

0
O presidente provincial convida, na inauguración de edición número 32 da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a todo o mundo a desfrutar...

Salceda presenta a súa nova marca: “Salceda Móvese”

0
              O Concello de Salceda de Caselas ten o pracer de presentar a súa nova marca "Salceda Móvese", unha iniciativa que representa o corazón...

Digna Rivas: “Non existe ningunha resolución de Facenda para intervir o Concello de Redondela”

0
A rexedora lamenta que o PP estea a facer oposición “xerando unha alarma innecesaria entre a veciñanza e os provedores do Concello por segunda...

Publicacións Relacionadas