HomePontevedraDezaEste xoves 14 ás 19:00 horas celebrouse na Ponte Medieval de CousoPontevea...

Este xoves 14 ás 19:00 horas celebrouse na Ponte Medieval de CousoPontevea o primeiro dos actos organizados por Galiza Nova

- Anuncio -spot_img

Tal e como estaba anunciado este xoves 14 ás 19:00 horas celebrouse na Ponte Medieval de CousoPontevea o primeiro dos actos organizados por Galiza Nova nas comarcas do Deza e Tabeirós dentro da V Semana da Patria Galega.

O acto consistiu nunha homenaxe á bandeira da Patria na que interviu o responsable comarcal de Galiza Nova, Daniel Garrido López, quen agradeceu aos asistentes a súa participación, e fixo fincapé na necesidade de fortalecernos como nación, con voz propia nos diferentes parlamentos e atender en especial as necesidades da mocidade galega: “Non queremos ter que elixir entre precariedade ou emigración, queremos unha vida próspera e traballo digno na nosa terra”.

O responsable comarcal tamén animou a acudir ao acto organizado polo BNG en Vila de Cruces con Ana Miranda (deputada no Parlamento Europeo) e Alex Fiuza (voceiro municipal) o sábado 16, así como aos restantes actos organizados por Galiza Nova como o roteiro en Silleda do mércores 20 ás 18:00 con Xulio Carballo e o coloquio LGBT+ na Estrada do venres 22 ás 20:00 con Alexandre Garrido.

Publicacións Relacionadas