HomeO MorrazoBueuEstévez suxire a supresión delegada da área de emprego

Estévez suxire a supresión delegada da área de emprego

- Anuncio -spot_img

A voceira cuestiona que o BNG vote en contra da moción popular para a creación de obradoiros de emprego aludindo a que “non teñen competencias” cando en realidade “son incompetentes”, pois o resto de concellos galegos si traballan nesa área.

Durante o pasado pleno da Corporación Municipal debateuse unha moción para a realización de obradoiros de emprego que buscaba “instar o goberno local a realizar as indagacións e
xestións necesarias para solicitar e realizar un obradoiro de emprego na nosa vila”, unha
iniciativa que xa se realizou en concellos da contorna como Cangas, Lalín, Moaña etc. Dita
proposta, que conta cun financiamento case exclusivo da Xunta de Galicia e que prevee unha formación remunerada co SMI durante 9 meses a través dun contrato formativo, non contou, porén, co respaldo do BNG, que aludiu, entre outras razóns, á falta de competencias.

Ao termo da sesión plenaria, a voceira local, Elena Estévez, cuestionou duramente a xustificación dos nacionalistas, aludindo a que “semella que o único concello que carece
sempre de competencias é Bueu, á vista de que municipios de todas as cores si levan a cabo iniciativas de fomento do emprego”. “Bueu fixo ao longo da súa historia dous obradoiros tendo estas mesmas competencias, mais a diferenza é que noutros tempos houbo interese e neste semella que 20 postos formativos e de emprego non son importantes”, mencionou, aludindo ao feito de que “a decisión que toma o BNG como partido e como membro maioritario do goberno é unha decisión puramente política, non técnica. É a decisión política dun grupo de persoas que xa está en política por estar e que se rixe pola lei do mínimo esforzo”.

Dese xeito, Estévez rexeitou que a concelleira de Emprego, Silvia Carballo, asuma áreas que
despois estan baleiras de competencias, sinalando o absurdo de que “a concelleira nin sequera abriu a boca durante o debate” e de que o voceiro nacionalista afirme que “o Concello non ten competencias en emprego, pero logo teña unha axente local de emprego, o que demostra de forma clara a mentira perpetua na que viven inmersos con tal de non votar a favor das propostas do PP”. “Se até o concelleiro de ACB, Xulio Villanueva, se abstivo na votación despois de dicir en plenos anteriores que sempre ía votar en contra do que votase o PP, por que ao BNG lle resulta tan complexo recoñecer que é unha boa proposta e que o Concello ten os medios para facelo como os tivo anteriormente?”, preguntouse.

“Un goberno que se senta a esperar a ver se cae algo, porque facer algo se lles fai costa
arriba, é un goberno ineficiente e unha concelleira que alude á falta de competencias e de
persoal para escurrir o vulto é unha concelleira que non debe seguir xestionando esa área”,
concluíu.

Publicacións Relacionadas